Raúl anúncia que a recesión do 0,9% no 2016, pode ser remontada no aninovo

Terra Sen Amos – Redacción
Raúl Castro dixo na Asemblea de Parlamento que a economia de Cuba entrou en recesión en 2016 cunha baixada do PIB do 0,9 %. Con todo, anunciou que o crecemento rondará o 2% no 2017. O presidente cubano atribuiu o decrecimento da economia no exercicio de 2016 aos recortes nos subministros de combustibel e as tensións financeiras, o que non impediu preservar plenamente os servizos de educación e saúde gratuitos e evitar o colapso da economía ou o regreso dos apagóns, “como auguraban medios internacionais de prensa hostís”.

Raúl trazou no Parlamento tres obxectivos para mellorar a economia: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel.
Raúl trazou no Parlamento tres obxectivos para mellorar a economia: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel.

Explicando as circunstáncias nas que se produce a recesión, Raúl dixo que non podian esquecerse os efectos negativos producidos polo Bloqueo, a inxeréncia dos EUA nas transaccións internacionais de Cuba ou o paso do furacán Mathew que non deixou tella no sitio en viviendas, centros educacionais e ambulatórios, sen por iso causar baixas  entre a poboación.

Para o PIB medrar nos arredores do 2% no 2017, Raúl trazou tres obxectivos: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel. “Continuaremos os programas de investimentos para o crecimento sostibel da economía nacional, para o que vai ser imperativo -dixo Raúl- dinamizar o investimento extranxeiro, co que non estamos satisfeitos, xa que se repetiron as dilacións no proceso negociador. Compre superar de vez e para sempre a mentalidade obsoleta e chea de prexuizos contra os investimentos de fóra”. O presidente acrecentou que Cuba non vai cara o capitalismo, un camiño que está descartado na Constitución, e di que non habia que terlle medo ao que pode facerse dentro das leis”.

Discurso completo de Raúl no Granma http://www.granma.cu/cuba/2016-12-27/raul-no-vamos-ni-iremos-al-capitalismo-eso-esta-totalmente-descartado-27-12-2016-16-12-40

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará