Raúl Capote denuncia nun libro a guerra de símbolos, mediática e cultural declarada polo Imperio contra a Revolución

Cubadebate e Redacción de TSA

A industria do ocio co seu esmagador dominio das canles de distribución, pretende que os mercados mercan a súa produción por calidade, mentres o autor cubano Raúl Capote argumenta que libran unha desigual guerra ideolóxica diaria contra as propostas alternativas do socialismo. Capote conta no seu libro La Guerra que se nos Hace, presentado no espacio habaneiro Trinchera de las ideas,  as armas de que dispón o Capital para facer aparecer como fracasos os intentos da cultura alternativa. O autor, ex axente da seguridade de Cuba, quere transmitir a mocidade a guerra de ideas que se agocha tralo brillo da música e das artes da representación do Imperio e anuncia que a Revolución Cubana é o adversario maior desta guerra por ter resistido durante máis de 60 anos a ofensiva da cultura do Capital.

Foto de Emilio Herrera / Prensa Latina

Na presentación do libro, o autor explicou que nacia da experiencia en moitas universidades coa mocidade e con outros e outras non tan novos, ao advertir que non hai conciencia da guerra mediática, nin percepción do perigo que entraña. “Unha persoa está encantada cun material audiovisual que está a ver na súa casa mais o relato que tanto lle prace foi preparado a mantenta pola CIA, mediante a colaboración de Hollywood, para transmitir ideas concretas. O interese verdadeiro ao que serven estes produtos sorprende a moitos. Mais o certo é que hai series que non foron rodadas só para gañar cartos senon para penetrar a cultura dun pais cos valores da sociedade norteamericana”.

Capote chama a atención sobre o feito de unha batalla semellante, en defensa das ideas do sistema, librarse tamén no interior dos EUA. “Que foi senon o desafio interior da mocidade dos EUA contra a cultura dominante ou o movimento de protesta contra as levas para a guerra do Vietnam, ou o flower power e a onda hippie? Unha parte da mocidade norteamericana definiuse hippie con conciencia, e identíficábase cos modelos de Fidel e o Che, símbolos da Revolución cubana; por iso foron tratados coma unha ameaza contra o sistema. Que pasou coa Praza do Povo de Berkeley, emblema da contra-cultura, o anti-racismo e a guerra contra a intolerancia, onde estudantes negros e brancos uniran forzas. Sendo governador de California, Ronald Reagan mandu intervir a Guardia Nacional contra eles. E a praza, símbolo da protesta contra o sistema, foi borrada. Todas as rúas que conducían a ela foron intervidas para remataren nun estacionamento; xa non hai praza. Non fica nin rastro do movimento de protesta e quen pregunten a un estudante que foi dela, dirache que non sabe de que praza histórica estás a falar”.

Raúl Capote repara na extensa lista de grandes artistas comprometidos dos EUA que enfermaron ou apareceron mortos en circunstancias sospeitosas. Jimmy Hendrix, por exemplo. “Déronlle a  volta a súa peza sobre o himno dos EUA The Star Spangled Banner, para que parecese unha homenaxe a bandeira cando na realidade apresentara os compases do himno sincopados con explosión de bombas sobre o pobo do Vietnam. Nunha entrevista na Tv pregúntanlle que camiño poderia escoller un mozo norteamericano e di: “o dun revolucionario ou o de Frank Sinatra”. E ao pedirenlle que concretase a súa escolla, respostou: “Eu nunca serei Frank Sinatra”. De a pouco, apareceu nun hotel de Londres morto por sobredose e alcolizado, él que se fixera musulmán e condenara resoltamente drogas e alcol. E que pasara coa peza Streetfighter dos Rolling Stones? Ridiculizaban o destino da mocidade de Londres como cantantes de Rock e propuñan facer a Revolución, mais chegados a EUA a segunda versión da peza xa non dicia o mesmo”.

O autor di que compre coñecer esa guerra que fai o Imperio contra o mundo enteiro e mesmo no interior dos EUA. “Compre que saiban que Cuba forma parte disa guerra dun xeito especial: para o Imperio trátase do inmigo número 1 porque resiste e non se dobrega. A capacidade que ten a Revolución cubana de sobreviver no tempo e de mellorar, co acervo dunha resistencia prolongada. A Revolución foi incorporando a súa dinámica de crecimento. Ningunha outra revolución puido superar coma a cubana os desafios da historia. Un dos tesouros de Cuba é o de ter constituido unha cultura alternativa ao neoliberalismo. Esa cultura non se pode arrincar coma unha herba ruin e por iso é tan perigosa para o Imperio”.

Entrevista co autor de La Guerra que se nos hace, neste enlace:

http://razonesdecuba.cubadebate.cu/noticias/raul-capote-no-hay-perseccion-de-riesgo-video/#boletin20180127

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *