Raul e o LX Aniversario

Ángel Guerra Cabrera – La Jornada

O LX Aniversario da Revolución Cubana é un intre de fondo significado na historia da nosa América e na do mundo enteiro. A capacidade dun pobo e dos seus líderes para erguer con éxito, diante das fauces imperialistas, as bandeiras da liberdade, a independencia, a democracia, o socialismo, o altruismo e o internacionalismo. A partir da derruba da URSS e, como afirmou Raul Castro o primeiro de xaneiro pasado,  nun memorabel discurso, “depois de quedarmos sós no medio de Occidente e a 90 millas dos EUA e cando ninguén no mundo tería apostado un can pola supervivencia da Revolución”. O que fora combatente do Moncada e comandante da Segunda Fronte Frank Pais, e depois seria lider da Revolución, contouno nunha emotiva ceremonia de honra do LX aniversario no cemiterio de Santa Ifigenia de Santiago de Cuba, terra venerábel que garda os restos de Martí e Fidel, do pai e a nai da Patria e dos centos de combatentes de Santiago de Cuba caídos na Guerra de Liberación e en misións internacionalistas.

Fidel e Raul na Asemblea do Poder Popular. Foto de Ismael Francisco para Cubadebate.

O máis trascendental, se cadra, da Revolución Cubana é o seu exemplo de dignidade e honra irreductibel aos principios éticos e políticos emanados da historia das loitas cubanas e latino-caribeñas contra o colonialismo, a escravitude, o neo-colonialismo e o imperialismo, en síntese creadora co legado teórico e político de Marx, Engels e Lenin, e a prática da construcción socialista en Cuba.  Experiencia que foi exemplo para as loitas nosoamericanas que viron a seguir, e, decisivamente, para combater a globalización neoliberal do río Bravo á Patagonia, cando todo parecía perdido.

Cuba ofrece outra ensinanza primordial para os nosos pobos, algo que, como afirmóu Raul, é o único que permite comprender a fazaña de resistir, sen o apoio da Unión Soviética e co Bloqueo recrecido, os anos de pedra da década dos 90. Trátase da firme unidade do pobo arredor de Fidel e do Partido Comunista. Foron e seguen a ser tempos de dificultade extrema, como adiantara o Comandante en Xefe una semana depois da vitoria de 1959. Raúl descríbeo elocuentemente: “Ninguén pode negar que a Revolución que nacera aquil primeiro de xaneiro deveceu, a longo de 60 años, por un minuto de sosego, e xa pasamos por 12 administracións estadunidenses que non deixaron nin un minuto de perseguir o cambio político en Cuba, utilizando unha u outra vía, con maior ou menor agresividade”.

A decisión dos revolucionarios cubanos é, como remarcara o presidente Díaz-Canel na  Asemblea Nacional do Poder Popular, facer da economía a batalla fundamental para o que resulta imperativo impulsar o investimento externo, exportar máis, defender os ingresos, cumprir o sinalado por Raul: non gastar máis do que ingresemos… aproveitar eficientemente a forza de  traballo cualificada e científica, defender a produción nacional, utilizar todas as potencialidades, aproveitar a experiencias doutras nacións socialistas coma China, Viet Nam e Laos.

Non vexo, no liderado cubano, a menor intención de usar o bloqueo económico, comercial e financeiro como pretexto para xustificar erros; próbanno as intervencións de Raul por moitos anos e as de Díaz-Canel dende que era vicepresidente. Él e outros dirixentes da Revolución recorren cada recanto do país e falan co pobo, como fixera o presidente máis unha vez no dia de anovello por concellos, centros de traballo e barrios da capital. Convocan a elevar o aforro e a aumentar reservas coa produtividade do pais, tal coma volveu facer Raul no seu discurso de Santiago de Cuba.

No entanto, o Bloqueo é una realidade pura e dura que afecta á vida diaria de cubanos e cubanas e que está a agravarse ainda máis coa actual confrontación e asfixia decretada por EUA non só contra Cuba, senon contra Venezuela e Nicaragua. Mália o debalo do veciño do norte, ainda Wall Street e o Tesouro Imperial manteñen seu poder sobre as finanzas internacionais, e poden golpear ferreñamente países bloqueados e paralizar emprendimientos económicos e sociais.

Na sú intervención, Raúl argumenta os fundamentos históricos da Revolución Cubana e o desafío que impplican para a política expansionista e agresiva dos EUA que tenta nesta altura reviver a Doutrina Monroe nunha América Latina e nun mundo que xa non son os mesmos. Reiterando a vontade cubana de buscar una relación civilizada con Washington, precisou que compre estar preparados para os piores escenarios, manter capacidade defensiva baseada na guerra de todo o pobo e amosar unha solidariedade de aceiro fronte as ameazas imperiais contra Venezuela, Nicaragua e as loitas todas da nosa América.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *