Raúl no Moncada: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes”

TERRA SEN AMOS / JUVENTUD REBELDE.

Comemorando o 60 aniversario do asalto aos cuarteis de Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, Raúl Castro reafirmou o compromiso socialista e popular da Revolución: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes, proclamada por Fidel o 16 de abril de 1961, no sepelio das vítimas dos bombardeos que precederon a invasión de Praia Girón”.

Para a 60 efeméride do Moncada, Cuba contou coa presenza de governos do ALBA e do CELAC que desafían os paradigmas do capital na Nosa América. No seu parlamento, Raúl referiuse á extensión da disidencia das políticas do FMI e tivo palabras para cadanseu dignatario: “A Revolución Democrática e Cultural de Bolivia, encabezada por Evo Morales, símbolo da reivindicación dos povos orixinarios; a triunfante Revolución Ciudadana, que lidera con amplio apoio popular en Ecuador o Presidente Rafael Correa; os avances sociais como los do Uruguai que conduce o compañeiro José Mujica, guerrilleiro tupamaro, catorce años na cadea; os que se producen no Caribe que loita polo desenvolvimento sostíbel, a xustiza e a igualdade soberana, representado aqui nos primeiros ministros Roosevelt Skerrit, de Dominica; Baldwin Spencer, de Antigua e Barbuda; Ralph Gonsalves, de San Vicente a as Granadinas, e Kenny Anthony, de Santa Lucía”. Outras mencións de Raúl foron para honrar a lealdade de México coa Revolución Cubana, na Guerra de Liberación e durante o bloqueo, e para Nicaragua e o seu presidente Daniel Ortega, tamén desprazado a Santiago para o aniversario. A emoción embargou ao Presidente a facer a mención de honra de Chávez: “Ao invicto Comandante en Jefe da Revolución Bolivariana da irmá Venezuela, o querido compañeiro Hugo Chávez Frías, discípulo de mérito dos padroeiros da independencia latinoamericana e caribeña.

Raul avisou no comezo do seu discurso no Moncada, que ao verde oliva do uniforme de xeneral da Revolución acaíalle o chapeu Mambí.O presidente do Goberno agradeceu a solidariedade internacional probada na altura do furacán Sandy e enumerou decisivas intervención do voluntariado cubano, do exército e do Goberno, que deran virado á situación en nove meses.

Raúl reservou un agarimoso recordo para Fidel: “O Comandante en Xefe da Revolución Cubana que co seu inconmovible optimismo e á beira do povo, resistente en tantos sacrificios e verdadeiro protagonista desta epopea, guióunos á vitoria situou no mapamundi a nosa illa cativa coma un baluarte da xustiza social e do respecto á dignidade humana”. Da resistencia de Santiago, que fixo posibel o Moncada, gardou unha mención para o Galego Frank Pais, martir da Revolución con 22 anos. O mariñense Pais representa a xuventude do heroismo cubano que fixo posibel a Revolución.

Raul invitou a reparar na actual convivencia de varias xeracións, cadansúa con historia e méritos propios “A Xeración Histórica vai dando vado aos «pinos nuevos» a xeito e coa confianza que dá a preparación e capacidade probadas para manteren en alto as bandeiras da Revolución e o Socialismo, polas que entregaron as súas vidas innumerabeis patriotas e revolucionarios, dende os indios e escravos alzados contra a opresión até os nosos días.

No remate da súa intervención, o presidente do Consello de Estado lembrou ao herois antiterroristas detidos nos Estados Unidos e privados do dereito á xustiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará