Raul promete un maior control fiscal das cooperativas privadas ante as denuncias de abusos

Terra Sen Amos – Redacción

O goberno cubano vai corrixir os abusos cometidos no nacente sector privado, mais continuará ampliando as cooperativas e empresas por conta propia, segundo anunciou Raul Castro na clausura da VIII Legislatura de la Asamblea Nacional del Poder Popular. Máis de medio millón de traballadores desempéñanse en 400 cooperativas privadas que permitiron incrementar e diversificar a oferta de bens e servizos con niveis aceptables de calidade, en opinión do Goberno. No Consello de Ministros do pasado 28 de xuño, xa se denunciaran  violacións da Lei en certas cooperativas privadas, en particular na utilización de materias primas, equipos de procedencia ilícita, e na subdeclaración de ingresos para evadir as obrigacións tributarias. Criticouse aliás a insuficiencia do control estatal.

Máis de medio millón de traballadores desempéñanse en 400 cooperativas privadas, que permitiron incrementar e diversificar a oferta de bens e servizos

O presidente asegurou que mália estas irregulariedades que foran obxecto de denuncia pública, Cuba non renunciaria ao plano de desenvolvemento de traballo por conta propia, nin a proseguir o experimento das cooperativas non agropecuarias. “Non imos retroceder nin a deternos, nin tampouco permitir estigmas e prexuizos cara ao sector non estatal, pero é imprescindibel respectar as leis, consolidar o avanzado, xeneralizar os aspectos positivos, que non son poucos, e enfrontar de vez as ilegalidades e outras desviacións que se apartan da política establecida e teñoa seguridade de podermos contar nesta laboura co apoio da maioría dos cidadáns que de xeito honrado exercen neste sector.”, sinalou Raul Castro.

O presidente foi explícito na crítica das ilegalidade cometidas no proceso das privatizacións “Existen informacións de casos onde una mesma persoa ten xa dúas, tres, catro e até cinco restaurantes. Non nunha provincia, senón en varias, unha persoa que viaxou máis de 30 veces a diferentes países. De onde sacou o diñeiro? Como o fixo?” Endebén, sinalou que as desviacións e abusos non podian implicar de raiz un recurso económico positivo para o pais. “Que fai un Estado, máxime un Estado socialista, administrando unha barbería dun sillón, de dous ou tres sillones,con cadansúa determinada cantidade de pequenas barberías, non moitas, cun administrador, e fago esta mención por ser unha das primeiras medidas que tomamos”.

“O ritmo e a profundidade dos cambios –continuou – deberán estar en función da capacidade que teñamos de facer as cousas a xeito e de rectificar perante calquera desviación e isó será posible se garantimos unha adecuada preparación previa, co dominio das regulaciones establecidas en cada nivel e o acompañamiento e condución dos procesos, aspectos nos que non faltou unha boa dose de superficialidades e un exceso de entusiasmo e desexos de avanzar máis rápido do que realmente podemos”.

A pregunta de a quen deberian ser atribuidos os erros cometidos, foi contestada por Raul Castro con claridade: “A nós mesmos, como dirixentes que elaboramos esa política, aínda que en consulta co pobo, coa aprobación do Parlamento, do último Congreso, da última reunión que tivemos aquí o pasado mes, para aprobar todos estes documentos que mencionei ao principio das miñas palabras. Esa é a realidade. Non tratemos de tapar o sol cun dedo. Erros son erros, e son erros nosos, e si imos medir pola xerarquía entre nós, son erros meus en primeiro lugar, porque son parte desa decisión. Esa é a realidade”.

O proceso de privatización de servizos foi abordado polo presidente dentro da análise da situación económica xeral que mereceu os seguintes xuizos: “Dende a elaboración do orzamento para o presente ano, alertamos que persistirían tensións financeiras e retos que poderían complicar o desempeño da economía nacional. Igualmente previmos eventuales dificultades no fornezo de combustibles desde Venezuela, malia a firme vontade do presidente Nicolás Maduro e o seu goberno por cumprilo. No medio destas complexas circunstancias obtívose un discreto resultado alentador. O produto interno bruto medrou no primeiro semestre un 1,1%, o cal denota un cambio no sino da economía en comparación co ano anterior. Contribuíron a este resultado a agricultura, o turismo e outras exportacións de servizos, as construcións, a produción de azucre e a esfera do transporte e as comunicacións. Houbéramoss avances nos programas de investimentos priorizados que sintan as bases para o desenvolvemento da nación.
Aseguráronse os servizos sociais gratuitos a todos os cubanos, como a educación e a saúde pública e mellorou o equilibrio monetario interno, o cal exprésase nun menor crecemento dos prezos minoristas ante unha maior oferta nos mercados. O déficit orzamentário comportouse por baixo do previsto.Por outra banda, non sen grandes esforzos, logrouse preservar o cumprimento rigoroso das obrigacións resultantes do reordenamiento da débeda externa cubana cos nosos principais acreedores, aínda que, malia múltiples xestións realizadas, aínda non puidemos poñernos ao día nos pagos correntes aos proveedores, a quen lles ratifico o agradecimiento pola súa confianza cara a Cuba e a vontade de honrar todas e cada unha das contas vencidas”.

A relación cos EUA a partir da chegada de Trump, foi outro dos asuntos sobranceiros abordados por Raúl Castro no seu discurso a Asemblea: “O pasado 16 de xuño, o presidente de Estados Unidos, Donald Trump, anunciou a política do seu goberno cara a Cuba, nada novedosa por certo, pois retoma un discurso e matices do pasado de confrontación, que demostraron o seu rotundo fracaso ao longo de 55 anos. É evidente que o Presidente norteamericano non foi ben informado da historia de Cuba e da relación cos EUA, nin sobre o patriotismo e a dignidade dos cubanos. A historia non pode ser esquecida, como ás veces pretenderon. Por máis de 200 anos, os vínculos entre Cuba e Estados Unidos estiveron marcados, dunha parte, polas pretensións do veciño do Norte de dominación sobre o noso país e, doutra, pola determinación dos cubanos de ser libres, independentes e soberanos”.

O debezo anexionista dos EUA mereceu este claro resume na intervención do Presidente:” A longo do século XIX, invocando as doutrinas e políticas do Destino Manifesto, Monroe e a Froita Madura, diferentes gobernantes estadounidenses pretenderon apropiarse de Cuba, e mália a heroica loita dos mambises, lográrono en 1898, coa intervención argalleira no fin da guerra que por 30 anos os cubanos libraron pola súa independencia, á que as tropas norteamericanas entraron como aliados e logo convertéronse en ocupantes: pactaron con España ás costas de Cuba, ocuparon militarmente o país durante catro anos, desmovilizaron ao Exército Libertador, disolveron o Partido Revolucionario Cubano organizado, fundado e dirixido por José Martí e impuxeron un apéndice á Constitución da naciente República, a Enmenda Platt, pola que se arrogaban o dereito a intervir nos nosos asuntos e a establecer, entre outras, a Base Naval en Guantánamo, que aínda hoxe usurpa parte do territorio nacional e cuxa devolución seguiremos reclamando”.

“A condición neocolonial de Cuba, que permitiu a Estados Unidos exercer desde 1899 un dominio total da vida económica e política da Illa –proseguiu Raul- frustrou, pero non aniquilou, as ansias de liberdade e independencia do pobo cubano. Exactamente 60 anos despois, o primeiro de xaneiro de 1959, co triunfo da Revolución encabezada polo Comandante en Xefe Fidel Castro, fomos definitivamente libres e independentes”.

O presidente recordou que dez gobernos sucesivos dos EUA fixeron por derrocar a Revolución botando man do terrorismo até que Barack Obama, na súa alocución do 17 de decembro de 2014, sen renunciar ao propósito estratéxico dos EUA, recoñeceu que o illamento fracasara e que era hora dun novo enfoque cara a Cuba. “Ninguén pode negar que Estados Unidos, no intento de illar a Cuba, finalmente viuse nunha situación de profundo illamento. A política de hostilidade e bloqueo contra o noso país converteuse nun serio atranco para as súas relacións con América Latina e o Caribe e era rexeitada case unánimemente pola comunidade internacional. Dentro da sociedade norteamericana medrou unha maioritaria  oposición a ela, incluíndo a boa parte da emigración cubana”.

A solidariedade plena co goberno venezolano e co expresidente Lula da Silva foran as chamadas derradeiras do presidente, xunto coa invitación a participar na inminente convocatoria electoral. O parágrafo final do dircurso foi para convocar ao povo de Cuba para no Día da Rebeldía Nacional, celebrado pola primeira vez sen a presenza física de Fidel, emprendder novos retos baixo a guía do exemplo, insobornabilidade e confianza permanente na vitoria do Lider da Revolución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará