Recordo de Fidel en Compostela, no 64 aniversario do Moncada

Terra Sen Amos – Redaccion

Sábado, coincidindo co 64 Aniversario do salto aos cuarteis de Moncada e Bayamo, no coñecido en Cuba coma Día de la Rebeldía, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, conxuntamente co Consulado de Cuba en Galiza, celebrou unha festa comemorativa en Compostela. Valentín Alvite, Presidente da Asociación, abriu o acto preguntando sobre o obxectivo do ataque e contestou que este fora realizar a independéncia arelada por Martí e construir un sistema político e económico máis igualitário. Alvite dixo que os participantes entregaron a este fin o máis valioso que posuian: a propia vida. Angel Szary, cónsul de Cuba en Galiza, transmitiu un saúdo en nome do cónsul xeral José Antonio Solana, e recordou que o revés do Moncada tornárase en victoria polo recordo dos caidos que acompañou aos revolucionarios sobrevivintes coma un alento na súa desigual e dura loita. O Cónsul lembrou que estabamos a vivir o primeiro aniversário do Moncada sen Fidel e rematou coas palabras todos somos Fidel, repetidas polo público. Amigos de Cuba e representantes de partidos solidarios coa Revolución, acompañaron ao Consulado e a Francisco Villamil na festa comemorativa celebrada no Centro Social do Castiñeiriño.

O cónsul de Cuba Angel Szary, recordou a Fidel na festa do Moncada. A súa beira, o presidente da Villamil, Valentin Alvite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *