René González liberado en condicional coa obriga de permanecer tres anos máis nos Estados Unidos

Prensa Latina/Granma/Telesur

Estados Unidos extende por tres anos o castigo de René González Sehwerert, logo de franquearlle a porta da cadea de Marianna, na Florida, e imporlle liberdade condicional dentro de fronteiras.

Despois de dar cabo a totalidade dunha infamante condena, González non pode ver a súa esposa nin a súa nai, ás que o Goberno norteamericano nega permiso de entrada.

“Pese a ledicia de poder cruzar agora os muros da cadea na que o tiveran 13 anos, René precisa os aires de liberdade de Cuba” sinalou na illa a muller de González, Olga Salanueva. Na porta da cadea, agardaban a René ás 4,30 da madrugada da Sexta, as súas fillas Irma e Ivette, o seu irmán, Roberto, e o seu pai, Cándido, acompañados do advogado Phillip Horowitz.

René González liberado en condicional coa obriga de permanecer tres anos máis nos Estados UnidosRicardo Alarcón, presidente da Asemblea Nacional de Cuba, declarou en México que a seguridade de René González corre perigo dentro do territorio dos Estados Unidos.

Falando na primeira xornada do VI Encontro Continental de Solidariedade con Cuba, na capital mexicana, Alarcón denunciou recentes declaracións da Congresista estadounidense Ileana Ross-Lehtinen, nas que incita á violencia contra o heroi cubano.

Alarcón non deixou de notar a familiaridade da Congresista con terroristas coma Luis Posada Carriles, reclamado en varios paises por atentados contra civís en Cuba e protexido polo governo de Washington. “Se a René lle acontecer calquera cousa, a resposabilidade sería do Governo dos Estados Unidos”, sinalou o Presidente.

Non entanto, Gerardo Hernández, Ramón Labañino, Antonio Guerrero e Fernando González padecen cadea nos Estados Unidos por considerar a xustiza norteamericana delicto alertar sobre propósitos de atentar contra Cuba por parte de coñecidos grupos terroristas establecidos na Florida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *