René Vazquez Díaz critica a preferencia de Suecia por una disidencia cubana irrelevante e oportunista

Terra Sen Amos-Redacción-

“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco.  O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre  a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.

Versión sueca de "Un Amor que se nos va", novela de René Vázquez aparecida en 2008
Versión sueca de “Un Amor que se nos va”, novela de René Vázquez aparecida en 2008

Acaso vai Suecia desautorizar ás mulleres cubanas que asumen cargos e representación pública, pregunta máis adiante a carta, porque “dos postos políticos a nivel provincial, en Cuba o 50,5% ocúpano mulleres e no Consello de Estado o 42 %; o 63% da matrícula universitaria é feminina e secomasí o 60% dos postos técnicos e profisionais e o 53 % dos investigadores científicos cubanos. Na Asemblea Nacional son o 48,86 %, o que significa que Cuba alcanzou a paridade homes-mulleres no parlamento, sen necesidade dunha lei de cotas obligatorias. A vicepresidenta do parlamento é unha muller. Seica non son dignas de diálogo por defenderen o tipo de sociedade en cuxo mejoramiento están comprometidas?”

O asinante da carta recorda as palabras de  Jonathan Farrar, ex xefe da Oficina de Intereses de Estados Unidos na Habana, sobre os chamados disidentes: “Moitos grupos de oposición son dominados por individuos arrogantes incapaces de traballaren en equipo; non hai evidencias de as organizacións disidentes principais teren proxección popular; as organizacións de oposición non dan conseguido un mínimo de unidade de obxectivos; o que fan é estragar esforzos por se faceren trampas entre eles mesmoss. Mália súa pretensión de representaren a milleiros de cubanos, a Oficina de Intereses de Estados Unidos a penas vé  evidencias de tal apoio. O consello dos diplomáticos estadounidenses aos líderes disidentes para adaptaren medios e fins non obtén respostas. Pola contra, os disidentes concentran o seus esforzos en obteren diñeiro”.
Vázquez inclúe na súua carta a conclusión de Farrar no seu informe oficial: “Son moi poucos os disidentes, si é que hai algún, cunha visión política aplicabel a un goberno futuro”
O relator advirte á Ministra da vergoña que suporía para Suecia dar trato preferente a un opositor coma Elizardo Sánchez de Santa Cruz. “E por riba -engade- pobo de Cuba poñeríase en contra súa se vostede decidise ofendelo con un indesexábel”.
A carta conclúe con esta descripción: “Mentres os disidentes véndense e Fidel Castro vive apacibelmente como xubilado, Cuba transfórmase e descentraliza as estruturas do Estado e a toma de decisións; a iniciativa privada medra, así como o mercado de automóbeis e de casas, as cooperativas agrícolas son máis numerosas e moitos campesiños cultivan ecolóxicamente; a povoación pode viaxar libremente. A élite económica estadounidense desexa unha normalización do comercio con Cuba. A Unión Europea procura unha base estabel para mellorar as relacións co governo cubano. John Kerry recoñece a impresionante contribución de Cuba na loita contra o ébola. Na nova América Latina, o Goberno de Cuba goza de grande autoridade”.

Vázquez recorda que no entanto Estados Unidos mantén o seu campo de prisioneiros en Guantánamo, na mesma illa que din querer liberar. “É hora de falar da Lei Helms-Burton, señora Ministra, que criminaliza ás empresas e individuos que comercian con Cuba. O seu obxectivo é formar o futuro político da Illa estrangulando económicamente ao seu pobo. Pese ao bloqueo, a mortalidad infantil en Cuba é a máis baixa das Américas, 4,6 por cada mil nados vivos e Cuba é o único país de América Latina que eliminou a desnutrición infantil. Non debería Suecia soster un diálogo profundo co Goberno cubano? A Axencia Sueca de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, ASDI, non debería restablecer a cooperación con Cuba?”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará