Reportaxe sobre a manifestación do día 31 en Madrid

A solidariedade con Cuba responde a Esperanza Aguirre.

Organizacións de amizade con Cuba de todo o Estado, asociacións de cubanos e cubanas que residen en Europa, ONGs e formacións políticas e sindicais apoiaron a manifestación que celebrou en Madrid os 50 anos da Revolución. O manifesto “Cuba no está sola”, lido ao remate da marcha, denunciou que a presidenta da comunidade de Madrid empregue diñeiro público do Fondo de Cooperación para subvencionar organizacións de extrema dereita que defenden o bloqueo e a sabotaxe contra Cuba.

A marcha contou coa presenza do alcalde de Porto Real, José Barroso, do senador de Esquerda Unida (IU), Joan Josep Nuet, e do coordinador xeral do partido e dirixente do PCE, Cayo Lara.

MINOLTA DIGITAL CAMERALázaro Oramas, en nome da Coordinadora de Asociacións de Cubanos e cubanas residentes no Estado español reclamou o dereito de Cuba a soberanía contra os que queren volvela á dependencia colonial.

Luisa Cuevas, integrada na Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, declarou a Cubavisión que a marcha era unha felicitación para Cuba nos seus 50 anos de Revolución e unha mala nova para a presidenta da autonomia madrileña, “aliada coa ultradereita dende hai anos no obxectivo de facer de Madrid o segundo Miami: non o van conseguir”.

Ramón Fernandez Leal, ex-presidente da “Francisco Villamil” declarou dende a praza de Colón que a manifestación defendia “algo imprescindibel para a humanidade como é a Revolución Cubana”. Leal referieuse á experiencia do socialismo e a independenza de Cuba coma “un patrimonio dos que queremos transformar o mundo: defender a Revolución é defendenrnos a nós mesmos e defender o futuro do mundo”.

EXEMPLO CUBANO
As organizacións asinantes do manifesto, lembraron que Cuba é referente de solidariedade en todo o mundo e provocaron aplausos entre os milleiros de persoas reunidas na praza de Colón de Madrid ao lembrar o exemplo cubano que agroma en Venezuela, Ecuador, Bolivia, Nicaragua e Paraguai. “Queremos dicer a Esperanza Aguirre e ao Partido Popular, que Cuba non está soa e que outro mundo xa está a ser posibel”.

Ao dia seguinte, tamén en Madrid, reunise unha manifestación apoiada polos medios de comunicación da dereita e o governo da Autonomia de Madrid baixo o lema “Cuba 50 años sin libertad”.

Voceiros do Movemento de Solidariedade con Cuba, sinalaron que o mesmo enunciado da marcha implicaba o recoñecemento da existencia de liberdades políticas previas a 1959, o que pode entenderse coma imputación democrática para o rexime ditatorial de Batista. Zoé Valdés a escritora cubana partidaria do revisionismo histórico e da recuperación do papel do ditador Fulgencio Batista, foi a persoa elexida para a leitura do comunicado final da manifestación da dereita.

VER WEB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará