Saen do armario os candidatos de EUA para Cuba

Iroel Sanchez – Cubahora

O ministerio de Estado de EUA fixo un comentário sobre as eleccións de delegados ás recentes Asembleas Municipais do Poder Popular en Cuba. Mistress Heather Nauert, voceira do ministerio. afirmou que o voto en Cuba era “máis unha proba do mito democrático do Estado autoritario “. “Vender en todo o mundo o mito dunha democracia” é algo que Cuba non está en condicións de facer, porque,a diferenza do goberno que representa a voceira Nauert, a illa non ten recursos para iso. Aliás non hai noticias de Cuba estar gastando orzamentos millonarios, coma fai Washington, para impor o seu modelo de democracia a outros países. Ainda menos pódense citar discursos de dirixentes cubanos que nunha situación histórica marcada polo cerco imperial, pretendan censurar o que é o que non é democracia noutras nacións, algo que ven sendo costume inveterada dende Washington.

EUA non está dacordo con que Cuba vote a man alzada.

Heather Nauert dixo máis: “a proba concluínte de o sistema electoral cubano carecer de toda lei, está en que mália os esforzos heroicos dun número nunca visto de candidatos independentes, ningún deles foi aceptado”. Eis a proba de ouro da descualificación democrática, a xuizo da reprentante do gabinete de exteriores do goberno de Donald Trump.

Mágoa que a voceira non explique quen aproba de feito os candidatos a delegados para as Asembleas Muncipais e non conte o o procedimento que constitúe a base do sistema electoral cubano. Se os electores son obrigados nos EUA a recibiren dos partidos políticos as listas polas que deben votar, dende o nivel máis baixo, levaran conta de cómo os cubanos, reunidos en asemblea nas súas áreas de residencia, propoñen e votan democratimente candidatos. sen máis mediador que os propios veciños, o sistema político dos EUA que se vende como mito planetario de transparencia democrática estaría cando menos apurado.

Mistress Nauert campou na defensa “dos que non foron aceptados” e ela mesma, ao facer fincapé neses “candidatos independentes” venlles tirar o que lles podería ficar de independencia, se algunha vez lles correspondera unha raspa dela, a mais de faltarlle ao respecto aos millóns de cubanos que participaron nesas asembleas e que non habian permitir un proceder autoritario en contra da vontade da maioria. O que en esencia dixo a voceira tradúcese así: “O ministerio de Estado dos EUA está disgustado porque os nosos candidatos, aos que pagamos decenas de millóns de dólares, foron recusados polo pobo cubano en asemblea”.

A frustración de Mistress Nauert é para entender. En Cuba non che hai un Temer ou un Juan Orlando Hernández, e moito menos capacidade para impoñelos en contra da vontade popular, mercé a un sistema electoral onde o diñeiro, aínda que veña de Washington, non ten lugar. Pero alomenos hai que agradecer a Mistress Nauer que, por unha vez, os candidatos dos EUA saian do armario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *