Segue aberta a campaña para mediar con Cuba na catástrofe de Matanzas

TSA – Redación

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil transferiu dia 23 a Cuba o total da primeira achega solidaria do povo galego para mediar nos danos materiais e poder asistir as urxentes intervencións previstas na infraestrutura petroleira de Matanzas, vital para a illa. O primeiro envío urxente de Galiza sumou 4.650 euros.

Na altura desta entrega, a Francisco Villamil  agradece a achega de ducias de galegas e galegos que contribuíron solidariamente con Cuba e chama a quen aínda non o puido deitar seu grao de millo nesta campaña a sumar a súa axuda para reconstrución, medicamentos e material sanitario de urxente necesidade. Recorda a Asociación de Amizade Galego-Cubana que malia a conmoción nacional causada por este grave suceso que roubou a vida de 16 traballadores, o infame bloqueo, que vai camiño de sumar 61 anos, e o peso das sancións dos EUA contra a economía, a saúde e o dereito de Cuba a se relacionar en paz co resto do mundo, non cesaron, igual que acontecera, para vergoña do Imperio, nos momentos críticos do andacio da Covid -19.  

Quen poia ainda contribuír a adquisición de medicamentos e subministracións urxentes, pode ingresar a súa doazón na conta ES67 2080 5000 6730 4019 4383 da Asociación de Amizade Galego-Cubana, coa mención “DOAZÓNS MATANZAS”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará