“Sexa este o derradeiro dia de guerra” (palabras na Habana do jefe das FARC-EP)

Terra Sen Amos

O discurso de Timoleón Jiménez, jefe del Estado Mayor Central de las FARC-EP, que puña o ramo ao armistício colombiano auspiciado por Cuba, remataba 52 anos de guerra desigual e devastadora. Non por iso recebeu altura de feito histórico nos media do capital. TSA ofréceo completo.

Raúl achega ao presidente colombiano ao xefe de Estado Maior das FARC-EP durante a proclamación do acordo de paz.
Raúl achega o presidente colombiano ao xefe de Estado Maior das FARC-EP durante a proclamación do acordo de paz.

Aproveito co maior respecto este intre para traer a memória dun grande ausente, o Comandante Eterno Hugo Rafael Chávez Frías (Aplausos), un guerreiro pola paz da América Latina e o Caribe; imposíbel chegarmos a histórico acto de hoxe sen a súa valiosa iniciativa e xestión.

Alguén sentenciou non sei cando, que os únicos soños que damos realizado son os que intentamos; hoxe, máis do que nunca, sentimos que esa sentenza encerra unha verdade indiscutibel.

No ano 1964, metidos no estrondo da desigual loita armada, a Asemblea dos Guerrilleiros de Marquetalia deu a coñecer seu programa agrario, que na parte introductoria contén a declaración que é do noso interese lembrar agora: “Nós somos revolucionarios que loitamos por un cambio de réxime, mais queremos e loitamos por ese cambio usando a vía menos dolorosa para o noso pobo, a vía pacífica, a vía democrática de masas; e esa vía foinos pechada violentamente co agallo fascista oficial de combater imaxinadas repúblicas independentes, e como somos revolucionarios que dun ou outro xeito temos de representar o papel histórico que nos corresponde, tocounos asumirmos outra vía, a vía revolucionaria armada para a loita polo poder”.

Hoxe, 52 anos despois, os guerrilleiros das FARC estamos selando co goberno de Santos un cesar do fogo e de hostilidades bilateral e definitivo; un acordo sobre garantías de seguridade e combate ao para-militarismo, e outro sobre abandono de armas que nos deixan ás portas de concretar, nun prazo relativamente breve, o acordo final para retornar ao exercicio político legal mediante a vía pacífica e democrática.

Non tiña senso suscitalo antes da Operación Marquetalia para os poderes e partidos dominantes na época, que resolveron apelar á forza e o exterminio, animados pola convicción de que a medio de bomba e fusil podían amatar o clamor popular; tamén eran tempos do apoxeo da Guerra Fría e a filosofía do inimigo interno que convertían á forza pública en exército de ocupación do seu propio país e contra o seu propio povo.

Os mortos, o sangue, a devastación e o horror que se lle habian aforrar a Colombia se no canto de atender as voces fanáticas que chamaban irresponsabelmente á guerra, con apelación aos máis absurdos argumentos, se ecoitasen a aqueles que chamaban ao diálogo, á solución que propuña acordo de presenza económica e social do Estado e democratización do escenario político nun ambiente de tolerancia e respecto pola diferenza.

Os 48 campesiños marquetalianos convertéronse coas décadas en miles de mulleres e homes alzados en armas que chegaron a pór nun entalo sério o Estado colombiano, pero que asemade non deixaron de falar dun acordo de paz pola vía das conversacións civilizadas. Foron varios e dolorosamente frustrados os intentos por conseguilo. Tentáronno unha e outra vez, e hoxe vemos os froitos da persistencia.

Porque se de algo dan fe os Presidentes dos países acompañantes e garantes, aqui presentes hoxe, así como o conxunto de personalidades internacionais, inmersas no proceso de paz en curso e que tamén están aqui connosco, o que está a piques de selarse non é unha capitulación da insurxencia, coma querían algúns túzaros, senón o produto dun diálogo serio entre dúas forzas, enfrontadas por máis de medio século sen que ningunha puidese derrotar á outra.

Nin as FARC nin o Estado son forzas vencidas e polo tanto o pactado non pode interpretarse por ninguén como o produto dalgunha imposición dunha parte á outra. Longa foi a discusión até levarnos a vieiros que semellaban sen saída, só abertos finalmente grazas á desinteresada e asisada mediación dos países garantes, Cuba e Noruega, e as oportunas e sabias fórmulas suxeridas pola creatividade dos voceiros de ambas partes ou dos seus atentos asesores.

Para alén dun pobre favor, fan un dano inmenso a Colombia, á vida e á esperanza do seu pobo, os que teiman en negar a trascendental importancia do acordado, que só polo seu contido identifica ás partes sentadas á Mesa, sen habelas fundido ou entregado unha á outra.

Estamos seguros de a nación colombiana, sufridora da guerra e das súas consecuencias, negar atención aos que a seguen convidando ao holocausto, se cadra cun propósito escuro.

A beira da asinatura final que vai ser remate do conflito e iniciará a construción dunha paz estábel e duradoira, reafirmamos a nosa convicción de estarmos perante a mellor oportunidade para á xustiza social e o progreso, sobre a base de franquearen a porta laxeira da democracia certa, garante das forzas sociais e políticas da oposición para a voz das comunidades nos chanzos local, rexional e nacional, adquirir toda a súa importáncia e poder xogar un papel determinante nas decisións públicas relacionadas co seu futuro.

Abriráse paso esta realidade, temos o convencemento, e porá fin á tradición de impor dende arriba, de costas aos intereses populares, as políticas que gobernantes elixidos con sufragios espúreos consideran da súa comenencia. Os acordos sobre esta materia, foron pechados e están próximos a definirse nalgúns cabos pendentes, como tamén os da reforma rural, integral e os de cultivos de uso ilícito. Sobre isto último, recentemente púxose en práctica un proxecto piloto de sustitución en Briceño, Antioquia, que será aplicábel a outras áreas que padecen o problema. Non vai ser todo vento de popa e non han faltar retesíos para facermos cumprir co asinado de cacho para cribo, porque como o dicía no título dunha das súas novelas o escritor colombiano Álvaro Salom Becerra: “Ao pobo nunca lle toca”

O acordo final será a chave que encerre ese portelo, endebén requira organización e mobilización constante para vela cumprida. Póñeno de presente a insistencia oficial contra aspectos pactados na Habana e no recente Código de Policía, que van contra o acordo sobre participación política subscrito na Mesa.  O Acordo sobre garantías de seguridade e combate ao paramilitarismo ten que ser unha realidade nos feitos, so pena de conducir o resultado final do proceso ao fracaso histórico. Sentir que tais instancias asasines ainda con total liberdade, como aconteceu entre 11 e 13 deste mes en Barrancabermeja con catro rapaces, produce una mágoa intolerábel; non pode o SMAD desprece as vidas de colombianos que saen protestar con xustiza e que o aparello xudicial continúe ordenando privacións abusivas da liberdade como a do compañeiro Carlos Arturo Velandia.

Atinxido o acordo sobre entrega de armas, ficou en evidencia a suma de invencións coas que se pretende enganar á xente do noso país, cando se asevera que tralos acordos, as FARC pretendemos seguir armadas e facendo política.

A partir de hoxe, poderá xulgar o pais se os agoreiros levan algo de razón. Claro que as FARC faremos política: esa é a nosa razón de ser, pero por medios legais e pacíficos cos mesmos dereitos e garantías dos demais partidos (Aplausos).

O Estado colombiano terá que facer efectivo que ningún colombiano sexa perseguido por razón das súas ideas ou prácticas políticas. O perverso costume de incluír na orde diária das Forzas Armadas os nomes dos dirixentes dos movementos sociais e políticos de oposición terá de acabar para sempre. Asinado o acordo final, acabará tamén o dispositivo militar de guerra e a súa anticuada doutrina de seguridade. As Forzas Armadas Colombianas, axigantadas no transcurso da guerra, sobradas para contra-insurxéncia e accións especiais, están chamadas a un importante papel de paz, reconciliación e progreso do país. Foron nosas adversárias, pero no tempo a vir, haberán ser forzas aliadas polo ben de Colombia. As súas infraestructura e recursos poden estar ao servizo das comunidades e as súas necesidades, sen desmerecer as súas capacidades para cumpriren a función constitucional de gardar fronteiras.

Será o protagonismo das comunidades o que nos traia a opción de abordar o grave conflito que se vive nas cidades: desocupación, inseguridade, auséncia de servizos públicos. Escravitudes coma o pago por protección ou a explotación sexual, o microtráfico, a delincuéncia mafiosa e o paramilitarismo requiren remedio urxente. A paz rural debe significar unha transformación participativa das urbes.

Compre facermos realidade no noso pais unha reconciliación definitiva. Abonda de violéncia e dos delirios que arrastra. Contra a violéncia, requerimos un paciente e entregado labor formativo, educacional, de conciéncia do pactado na Habana, para o povo de Colombia apreciar nidiamente seu valioso e positivo contido, e saber que pode e debe recramalo do Estado a medio da unión e a organización. Só así faremos unha nova Colombia.

As FARC-EP completamos 27 de maio pasado, 52 anos de resistencia guerrilleira, e hoxe vemos o soño da paz moito máis perto do que nunca. Pensamos traballar pola unidade do movemento democrático e popular no noso país, sen sectarismos nin posicións hexemónicas, en procura da confluéncia de toda a inconformidade co modelo actual das cousas, comprometidos a xerar profundos cambios na vida colombiana, pensando sempre no interese das maiorías.

A guerra custou centos de miles de millóns de dólares ao noso país. De feito, a esaxerada partida do orzamento militar precisa a xustificación permanente da existéncia dun conflito armado. Un país en paz xa non require argumentos deste teor e poderá destinar unha boa parte deses recursos a mesteres máis sans e produtivos. Non é certo que non exista diñeiro para a paz nin que todo teña que ser axuda internacional: abonda con cambiarmos prioridades.

Non daremos chegado rápida e doadamente a estes obxectivos. O principais beneficiários do noso esforzo han ser as  xeracións futuras e por iso tendemos a nosa man á mocidade, chamada a construír o pais novo e nomeadamente a defender a paz a reconciliación, a promover un novo tipo de actividade política e a consolidar a civilidade e a máis ampla democracia.

As FARC sempre fomos optimistas. Mesmo nos momentos máis duros, non deixamos de cre na paz posibel e decidimos intentalo cantas veces fose preciso. E levabamos razón.

O Acordo de cese o fogo e de hostilidades, bilateral e definitivo, é interpretado por por todos como o fin da confrontación armada en Colombia. Sexa.

Confiamos celebrar nun prazo prudencial outro acto solemne: a firma do acordo final. ¡Sexa este o derradeiro día de guerra!

Benzón (Aplausos)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *