SÓ CUBA ESTÁ LIBRE DE DESNUTRICIÓN EN AMÉRICA LATINA

Cuba é o único país de América Latina que non ten desnutrición, declarou na Habana Myrta Kaulard, representante para Cuba do Programa Mundial de Alimentación, (PMA).

Só o dous por cento dos cubanos menores de cinco ten algún déficit nutricional, e isto débese na maioría a hábitos de alimentación incorrectos, manifestou a experta. Nun encontro coa prensa, Kaulard repasou os proxectos que desde xaneiro do 2002 mantén esta axencia das Nacións Unidas na nación caribeña, para contribuír á mellora nutricional da poboación máis vulnerabeel dos territorios orientais.

Os beneficiarios desta axuda, ao redor de 630 mil persoas que reciben alimentos reforzados, son cativos de círculos infantís e do ensino primario, así como mulleres embarazadas e nais lactantes das Tunas, Holguin, Granma, Santiago de Cuba e Guantánamo.

Tamén explicou os resultados obtidos nunha operación de urxencia destinada a estas mesmas provincias e a Camaguei a maiores, onde a intensa seca dos últimos anos afectou severamente ao gando e á agricultura, poñendo en risco a seguridade alimentaria dos seus residentes. A experta tamén fixo mención da inmediata resposta do PMA ante o paso do furacán Dennis polo centro do país, que permitiu a entrega de varios produtos alimenticios a máis de 100 mil persoas.

Myrta Kaulard, que asumiu o cargo en setembro do pasado ano, dixo que no de agora mantiñan a alerta sobre a seca no oriente cubano preparábanse enfrontar a tempada ciclónica do 2006.

”Tamén mantemos como prioridade erradicar a malnutrición infantil para o 2015, dentro do marco dos obxectivos do milenio das Nacións Unidas” sinalou. Por outra banda, comentou que Cuba é fonte de asistencia técnica e doante de alimentos, en especial azucre, para nacións con maiores dificultades.

Nese sentido, sinalou que desde 1996, a Illa doou varios miles de toneladas do produto, que foron distribuídas polo PMA a países como República Dominicana, Jamaica, Honduras e Haití, entre outros.

A asistencia do PMA a Cuba iniciouse en 1963 cando o organismo internacional brindou asistencia inmediata ás vítimas do furacán Flora. A partir de entón executáronse varios proxectos de urxencia, con unha contribución xeral que ascende a máis de 234 millóns de dólares.

Dacordo coas prioridades establecidas polo Goberno cubano, o PMA traballa para mellorar a seguridade alimentaria da poboación contribuíndo á atención dos grupos máis sensibles dos sectores de saúde e educación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *