SÓ ISRAEL E PALAU VOTARON CON ESTADOS UNIDOS

O mundo condena o bloqueo de EE.UU. contra Cuba

Nacións Unidas, 29 outubro

A condena mundial ao bloqueo económico imposto por Estados Unidos a Cuba ascendeu hoxe ao seu nivel máis alto ao se pronunciaren 185 membros das Nacións Unidas a prol de que Washington suspenda esa medida de afogo e coerción contra un país soberano.

Nunha sesión da Asemblea Xeral para votar por décimo ano consecutivo un proxecto de resolución que pide a Washington o cesamento do bloqueo contra Cuba, Albania uniuse aos 184 estados que en 2007 se pronunciaron a favor dese documento.

Cese do Bloqueo Contra Cuba
Cese do Bloqueo Contra Cuba

 

Estados Unidos só foi secundado esta vez por Israel e Palau na súa oposición ao proxecto de resolución ao non poder contar coas Illas Marshall, a cal preferiu absterse, ao igual ca Micronesia.

Durante o debate en 2007, o proxecto “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba” foi aprobado por 184 votos a prol, catro en contra e unha abstención.

Na clausura da votación, o presidente da Asemblea Xeral, o diplomático nicaraguano Miguel De Escoto, destacou o unánime respaldo internacional recibido por Cuba fronte a inxerencia de Washington.

“Como presidente desta Asemblea é o meu deber defender o establecido na Carta da ONU, na cal non hai espazo para o bloqueo imposto arbitrariamente por Estados Unidos contra Cuba por case 50 anos,”, afirmou.

Prensa Latina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará