Socialismo e eficiencia económica, obxectivos do VI Congreso do PCC

Defender as conquistas sociais, non deixar desamparado a ningún obreiro ou empregado, erradicar o subemprego e facer sustentabel e eficiente, dende o punto de vista económico, o proxecto revolucionario e socialista, son os elementos centrais de debate para o VI Congreso do Partido Comunista de Cuba. O Comité Central do PCG explica nun comunicado o resultado dos traballos previos ao Congreso que terá lugar no 50 aniversario de Praia Girón, a primeira derrota americana dos Estados Unidos.

O Estado socialista cubano está resolto a defender as conquistas sociais e a non deixar desamparado a ningún obreiro ou empregado e neste obxectivo procura novas fórmulas máis sustentabeis. Un comunicado do Comité Central recorda que VI Congreso terá lugar nun contexto caracterizado polo enfrontamento contra as secuelas de 50 anos de guerra económica lanzada polos EE.UU. contra Cuba, as consecuencias da crise económica internacional e a perda de 20.900 millóns de dólares entre 1998 e 2008 por eventos climatolóxicos.

Socialismo e eficiencia económica, obxectivos do VI Congreso do PCCNa orde interna, agravan a situación a baixa eficiencia de varias das ramas produtivas; a descapitalización da base produtiva e a infraestrutura; o envellecemento da poboación e o estancamento do crecemento. Medidas conceptuais e humanas acertadas no seu momento, requiren, a luz do novo momento, a súa erradicación.

O Comité Central valora o alcance da reconversión de case un millón de postos de traballo, maioritariamente nos sectores da produción e dos servizos, dos cales serán resoltos case 500 mil antes de marzo do 2011.

Despois de notar que a medida está a ser manipulada pola prensa internacional coma un caso de despedimento en masa ou mesmo de “terapia de choque”, a direción do PCC recorda que con esta política o Estado socialista pretende obter un mellor reordenamento e distribución da forza laboral e erradicar paso a paso o pernicioso fenómeno do subemprego; facer sustentabel e eficiente, dende o punto de vista económico, o proxecto revolucionario e socialista nas condicións actuais e corrixir medidas que levaron a asumir posturas paternalistas que arriscaban a continuidade do Socialismo en Cuba.

O reordenamento laboral ten tamén entre os seus obxectivos, reorientar unha boa parte da forza laboral a outros sectores produtivos da economía do país que demandan forza de traballo. O Comité Central precisa no seu anuncio que un pouco máis do 20% dos 500 mil afectados pola reconversión, só cambiarán a forma de xestión, nunca o seu emprego, o que aliavará a carga orzamentaria do Estado e redundará nunha maior eficiencia na produción e os servizos.

Tres pasos previos para o VI Congreso

A nota da direción comunista sinala tamén que o proceso para o cúmio do Partido ten tres pasos fundamentais: o primeiro, a discusión xerada a partir do discurso do Líder da Revolución, Fidel Castro, na Universidade da Habana, en novembro de 2005, onde chamou a matinar sobre os perigos internos que ameazaban á Revolución e alertou á responsabilidade de todos os cubanos en preservala e fortalecela.

O segundo está sinalado pola intervención de Raúl Castro o 26 de Xullo de 2007 e pola oportunidade de todo o povo expresar os seus criterios sobre a sociedade e a Revolución cubanas e sobre o futuro do Socialismo en Cuba. Este debate continuou en o 2008 no interior de cada sector produtivo e social, co fin de recadar todas as propostas posibeis para diagnosticar e corrixir, sectorial e integralmente, as deficiencias do modelo económico. Todas as opinións foron recollidas polo Partido e a dirección do país e son, a criterio do Comité Central, o compás que marca a actual nova etapa do proceso.

O terceiro momento é o propio Congreso do PCC que comezou nas rúas, nos fogares, nas industrias, en todos os recantos do país, coa análise crítica por toda a poboación dos Lineamentos da Política Económica e Social, documento que é froito das discusións anteriores e que non está pechado, pois recollerá novamente as opinións e suxestións finais que serán debatidas e aprobadas polos delegados ao VI Congreso do PCC.

O VI Congreso enmárcase no 50 aniversario da Victoria de Praia Girón, primeira grande derrota militar de Estados Unidos en América e da Proclamación do carácter socialista da Revolución Cubana, acrecenta o Partido no seu comunicado que finaliza con estas palabras: “Cuba, o seu pobo e a súa Revolución, están conscientes do camiño escollido en 1959 e do papel que xogan no mundo de hoxe.

Abandonar a senda do socialismo constituiría un suicidio, pois sucumbiría a nosa soberanía e traizoariamos millóns de mulleres e homes que sacrificaron as súas vidas defendendo o progreso da nación”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *