Solidariedade cubana para as familias pobres do Brasil privadas por Bolsonaro da cooperación médica

MINREX

 “A actitude irresponsábel e a manipulación política de Jair Bolsonaro, obrigou Cuba a tomar unha decisión que seguramente terá implicacións para millóns de familias brasileiras, nomeadamente para as familias de baixos ingresos, que viven nos arrabaldos máis pobres e afastados, nunca citados nos grandes medios de comunicación.  A esas familias e a ese pobo brasileiro, expresamos toda a nosa solidariedade”, dixo Yaira Jiménez, en nome do ministerio de Relacións Exteriores de Cuba (MINREX) En contestación a preguntas de Cubainformación e Sputnik Mundo, explicou que as brigadas médicas comparten de forma solidaria os beneficios do seu labor entre os profesionais da medicina que participan nas diferentes misións e o sistema de saúde cubano. A explicación da cooperación cubana en materia de saúde, deixa en pésimo lugar os infundios distribuidos por axencias internacionais que citan a equipa do presidente eleito do Brasil. Cuba contesta con transparencia proverbial cando o imperialismo calumnia.

un
O governo do Brasil pedira a Cuba máis médicos en 2014. Na imaxe, unha especialista cubana  consulta no empobrecido Nordeste.

Na súa intervención pública, a voceira do MINREX dixo que os colaboradores e colaboradoras de Cuba teñen vocación solidaria e prefieren compartir beneficios para o ben común do seu país, ben lonxe dunha visión egoísta e individualista e esta honra non é exclusiva dos colaboradores cubanos no Brasil, senón común aos outros profesionais da saúde que cumpren misión en distintas nacións e que tamén aportan o resultado do seu traballo á  prestación de servicios de saúde en Cuba. Estas contribucións voluntarias financiaron en parte a reparación e rehabilitación en más de 2.700 consultorios e 327 policlínicos, a finais de 2017.

Referiuse tamén Yaira Jiménez a compra de subministros, medicamentos e equipa para importantes programas de saúde coma a loita contra o cancro, coa aplicación de 31 novas tecnoloxías e técnicas de avanzada. Como parte de este proceso de adquisición de novas tecnoloxías e de anovamento de outras, citou a importación de máis de 5 mil equipas médicas, por valor de máis de 32,5 millones de dólares,  nomeadamente para cirurxía, anestesia, programas de materno-infantil e de atención a pacentes graves. E dixo aínda, que a aportación dos colaboradores sufragaran en parte necesidades materiais para a formación gratuita en Cuba de estudantes de medicina provintes de países muito máis pobres, que en 55 anos aproxímanse a un total de 36.000.

Citando de novo o balanzo de 2017, recordou máis de 96 millóns de consultas médicas, 6.480. 369 máis ca no exercicio precedente e fixo fincapé en que a actividade hospitalaria superara por séptimo ano consecutivo o millón de intervencións cirúrxicas, até chegar a cifra máis alta na historia de Cuba con 1.085. 623 operacións.

Reparou que os colaboradores cubanos non reciben salario, por non seren empregados do sistema de saúde, senón bolseiros que prestan servizos especializados en atención primaria no Brasil, coa anuéncia da  Ley Federal del Programa Máis Médicos; en todo caso perciben un pegullo para gastos persoais e alimentación, aloxamento, transporte e seguro médico, a conta do goberno de Brasilia.

En Cuba, o Ministerio de Salud Pública, paga o 100% dos salarios destes colaboradores, preserva a súas prazas como traballadores do Sistema Nacional de Saúde, e garante a protección e atencións necesarias para súas familias.

Yaira Jiménez salientou que todos os colaboradores cubanos no programa Máis Médicos  participan pola súa propia vontade e elección persoal e asinan contrato co Ministerio de Salud Pública, no que especifican a súa mellor disposición a compartir ingresos a prol do melloramento do sistema de saúde cubano.

No remate da súa intervención, a representante do MINREX engadiu que os valores fundamentais que guían a cooperación médica cubana son humanismo, altruismo e  solidariedade. “Estes son os principios de 34.000 mil profesionies cubanos da saúde que hoxe laboran en 67 países, os mesmos valores que acompañaran en 55 anos, as 600.000 misións internacionalistas cubanas en 164 nacións, nas que participaron más de 400.000 traballadores e traballadoras da saúde.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará