“Son Galego, Son Cubano” de Roi Casal, cabeza de programa do 500 aniversario da fundación da Habana

Prensa Latina

O compositor e intérprete galego-cubano Roi Casal ofrecerá duas representacións do seu espectáculo Son Galego, Son Cubano no programa conmemorativo do 500 aniversario da fundación da Habana, acompañado dun extraordinario aparato orquestal no que actuarán músicos locais en calidade de invitados. O concerto rende homenaxe a Xosé Neira Vilas, zahorí e divulgador do encontro das dúas culturas e será un dos acontecimentos principais do aniversario no que tamén están previstas intervencións relacionadas coa cultura de Galiza en Cuba a medio de actividades programadas de cine, música e letras así como conmemoracións de efemérides e perssoeiros históricos que relacionan a cultura de Cuba coa de Galiza. O goberno autónomo de Galiza ten prevista a inauguración dun monolito do Camiño de Santiago no Parque Central da Habana.

Roi Casal honra no seu espectáculo a Neira Vilas, investigador principal do encontro de culturas entre Galiza e Cuba.

A produción Son Galego, Son Cubano, merecera o Premio Internacional Cubadisco 2014, o máis importante de Cuba para creación discográfica. A primeira representación será vindeiro 12 de outubro no histórico Café Miramar, e será transmitido  polas emisoras Radio Taíno, de Cuba e Radio Galega Música, de Galiza. O segunto terá lugar no Gran Teatro da Habana 16 de octubre, y será transmitido íntegramente pola TVG Internacional.

Aproveitando a programación de Son galego, Son cubano en Cuba, no 500 aniversario da capital, terá lugar a grabación final do documental homónimo que está a realizar dende 2015 a xornalista e realizadora Natasha Vásquez, con imaxes e son de diferentes representacións do espectáculo así como ilustracións de detalle sobre a música e a cultura de Cuba e Galiza. O documental será estreado simultanamente en Cuba e Galiza.

Co gallo do 500 aniversario tamén será presentado o libro Gallegas en Cuba, do que é autor o investigador Julio César González-Pagés. A edición recupera a historia do grupo de galegas que fundan en 1912 o hospital Hijas de Galicia, centro de salud que se mantén en pleno funcionamento como institución modélica especializada na atención materno-infantil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará