Arquivo da etiqueta: 50 aniversario da Victoria de Praia Girón

Socialismo e eficiencia económica, obxectivos do VI Congreso do PCC

Defender as conquistas sociais, non deixar desamparado a ningún obreiro ou empregado, erradicar o subemprego e facer sustentabel e eficiente, dende o punto de vista económico, o proxecto revolucionario e socialista, son os elementos centrais de debate para o VI Congreso do Partido Comunista de Cuba. O Comité Central do PCG explica nun comunicado o resultado dos traballos previos ao Congreso que terá lugar no 50 aniversario de Praia Girón, a primeira derrota americana dos Estados Unidos.

O Estado socialista cubano está resolto a defender as conquistas sociais e a non deixar desamparado a ningún obreiro ou empregado e neste obxectivo procura novas fórmulas máis sustentabeis. Un comunicado do Comité Central recorda que VI Congreso terá lugar nun contexto caracterizado polo enfrontamento contra as secuelas de 50 anos de guerra económica lanzada polos EE.UU. contra Cuba, as consecuencias da crise económica internacional e a perda de 20.900 millóns de dólares entre 1998 e 2008 por eventos climatolóxicos. Seguir lendo Socialismo e eficiencia económica, obxectivos do VI Congreso do PCC