Arquivo da etiqueta: Aniversário de Fidel

A solidariedade con Cuba celebra en A Coruña o aniversário de Fidel

Terra Sen Amos

“O povo de Cuba terá sempre na súa memória a lucidez e a valentia de quen o guiou no proxecto revolucionário, coa vista posta na defensa da independéncia e a liberdade”. A Cónsul de Cuba Laura Urra encerraba nestas palabras a celebración pública no Parque Eirís de A Coruña do 90 aniversário do Lider da Revolución Fidel Castro. Recibia os aplausos e vivas dun grupo no que predominaba a mocidade coruñesa, entre outros amigos de Cuba procedentes todo o pais. No entorno, bandeiras de Cuba e Galiza e cartaces de homenaxe a Fidel e fotos do Ché e de Raúl. Foi sábado 13, no Parque Eirís da Coruña, case ao tempo, mediando o desconto horário da lonxitude Oeste, no que Fidel agradecía na illa os parabéns enviados por organizacións de base do mundo enteiro polas aportacións fundamentais á Revolución Cubana aos procesos de emancipación iniciados dende os 60 contra o imperialismo. Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, recordou unha cita do Lider da Revolución: “Os que ensinan a verdade, preparan aos povos para comprendela, e os que promoven a mentira, condicionan aos povos para enganalos; quen defenden a explotación e a inxustiza, fan por manter aos povos na escuridade e a ignoráncia”, e acrecentou que o compromiso e o labor dos povos era imprescindíbel para realizar a semente de bravura, valentia e lucidez de guieiros coma Fidel. A música, os símbolos da festa e o convívio foron responsabilidade dun grupo de amigos de Cuba de A Coruña, coa colaboración do Consulado Xeral e da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. En nome da amizade coruñesa coa Revolución Cubana, abriu o turno de palabra Anxel Manuel Castro. Entre o público, Eva Solla,deputada do Parlamento de Galiza e secretaria xeral do PCG e membros das Xuventudes Comunistas asi coma a presenza da directiva e socios da “Francisco Villamil”.

Parabéns para Fidel dende A Coruña (Foto de Ana Pereira)
Parabéns para Fidel dende A Coruña (Foto de Ana Pereira)