Arquivo da etiqueta: Arnold August

“Os once millóns de habitantes de Cuba son prisioneiros do Bloqueo”, di Arnold August en Londres

Prensa Latina – Londres

O escritor canadiano Arnold August pediu a solidariedade do Reino Unido para intensificar a loita contra o bloqueo unilateral imposto por EUA á Cuba hai máis de cinco décadas. “Once millóns de habitantes de Cuba son prisioneiros do Bloqueo estadounidense”, dixo August perante a audiencia reunida no salón Bolívar desta capital, atendendo a convocatoria da Campaña de Solidariedade con Cuba no Reino Unido.

O libro de Arnold August sobre o Bloqueo vendese sobre todo nos Estados Unidos. A versión española editada en Cuba foi un éxito na Feira Internacional do Libro da Habana.

Seguir lendo “Os once millóns de habitantes de Cuba son prisioneiros do Bloqueo”, di Arnold August en Londres

“Escribo para os desinformados que coidan que non hai democracia en Cuba” (Arnold August, autor de “Cuba y sus vecinos”)

O xornalista canadiano Arnold August fala no seu último libro do sistema democrático cubano, mediante a comparanza co do Estados Unidos, o da Venezuela Bolivariana, o boliviano e o ecuatoriano.  Cuba y sus vecinos. Democracia en Movimiento é unha investigación provocada polo éxito da versión inglesa dun seu libro anterior sobre as eleccións de 1997-98 en Cuba, recibido con moita curiosidade nos EUA, Canadá e Reino Unido, onde coidan que Cuba carece de eleccións. Arnold August é membro da Rede de Intelectuais, Artistas e Movimentos Sociais en Defensa da Humanidade e publica regularmente en Counter Punch, Global Research, Cubadebate e TeleSur. A seguinte entrevista procede do blog REDH-Cuba e foi traducida pola redacción de Terra Sen Amos.

Arnold August presentou na Habana o seu segundo libro sobre a democracia en Cuba.
Arnold August presentou na Habana o seu segundo libro sobre a democracia en Cuba.

Seguir lendo “Escribo para os desinformados que coidan que non hai democracia en Cuba” (Arnold August, autor de “Cuba y sus vecinos”)