Arquivo da etiqueta: Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

Anisia Miranda, militante revolucionaria de Cuba e Galiza

Foi enterrada o dia 23 en Gres.

Só unha cativa parte das persoas que tiveron a sorte de tratar en vida a Anisia Miranda, estiveron presentes na súa despedida no cemiterio de Gres (Vila de Cruces) no mediodía de venres 23. Por vontade da familia, non se deu publicidade á nova da súa morte nen houbo lugar para a manifestación protocolar de dóo.

Entre o reducido grupo que foi canda Xosé Neira Vilas no sepelio da súa compañeira Anisia, estaba o presidente da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” da que Neira é Socio de Honra. Seguir lendo Anisia Miranda, militante revolucionaria de Cuba e Galiza

Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria Galega

A Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil campou un cartaz de sete metros co lema “Liberdade para Os Cinco” nas dúas manifestacións que ocuparon as rúas de Santiago durante a mañá do 25 de Xullo.

As formacións políticas que participaban nos desfiles reaxiron diante do recordatorio gráfico dos Cinco Herois Cubanos con expresións de solidariedade. “Cuba sí, Ianquis non”, “Liberdade para os Cinco”, “Raúl, amigo, o povo está contigo” e “Cuba vencerá” foron os máis coreados. Seguir lendo Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria Galega

Festa do LVI aniversario do asalto ao Cuartel Moncada

No centro social do Castiñeiriño.

O vindeiro día 26 de xullo a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e o Consulado de Cuba en Galiza, celebrarán un acto en lembranza do Asalto ao Cuartel Moncada de Santiago de Cuba no ano 1953, considerado como o inicio do movemento insurreccional que deu comenzo ao proceso revolucionario cubano, culminado coa chegada ao poder no ano 1959. Seguir lendo Festa do LVI aniversario do asalto ao Cuartel Moncada

Reportaxe sobre a manifestación do día 31 en Madrid

A solidariedade con Cuba responde a Esperanza Aguirre.

Organizacións de amizade con Cuba de todo o Estado, asociacións de cubanos e cubanas que residen en Europa, ONGs e formacións políticas e sindicais apoiaron a manifestación que celebrou en Madrid os 50 anos da Revolución. O manifesto “Cuba no está sola”, lido ao remate da marcha, denunciou que a presidenta da comunidade de Madrid empregue diñeiro público do Fondo de Cooperación para subvencionar organizacións de extrema dereita que defenden o bloqueo e a sabotaxe contra Cuba.

A marcha contou coa presenza do alcalde de Porto Real, José Barroso, do senador de Esquerda Unida (IU), Joan Josep Nuet, e do coordinador xeral do partido e dirixente do PCE, Cayo Lara. Seguir lendo Reportaxe sobre a manifestación do día 31 en Madrid

A FRANCISCO VILLAMIL PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓNS POR CUBA

Conta solidaria para paliar os efectos dos furacáns

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, ven de habilitar unha conta de solidariedade para recibir as aportacións voluntarias de as persoas que queiran colaborar coa reconstrucción das areas afectadas polos recentes furacáns que asolaron Cuba.

Campaña de doazóns por Cuba
Campaña de doazóns por Cuba

 

O Goberno da illa asistiu en tempo con recursos materiais das súas reservas aos territorios máis castigados polos furacán. Xunto destas asistencias materiais, manifestouse un exercicio da solidariedade popular que é unha das primeiras divisas da formación en Cuba dende os comezos da Revolución.

Ao tempo, gobernos, organismos e institucións de todo o mundo estableceron contacto para o envío de axuda urxente.

Dende Galiza, a “Francisco Villamil” invita a colaboración nos traballos de recuperación en forma de aportacións a unha conta na que a propia Asociación fixo un ingreso de 5.000 €, procedentes do traballo solidario da institución.

A conta esta residenciada en Caixa Galicia e ten o número:
2091 0374 37 3040006520

No rubro CONCEPTO debe especificarse: POR CUBA

Para máis información sobre a iniciativa pódese escribir ao correo da Asociación galegocubana@gmail.com