Arquivo da etiqueta: atendado contra Maduro

O silenzo cúmplice da Prensa sobre o atentado de Caracas

Manuel Cabieses Donoso – Punto Final (Chile) 11.08.18

CNN en español interrompeu 7 de agosto a transmisión do discurso do presidente Nicolás Maduro cando este comezou a mostrar videos, grabacións telefónicas, fotos, confesións e nomes dos detidos e prófugos entre outros interesantes pormenores. CNN marcaba o patrón de conduta para os medios do continente americano. El Mercurio de Chile, en guerra contra Venezuela, publicaba unha nota a unha coluna. Médios que estaaban a reclamar probas sobre o atentado, ao que ainda cualifican de presunto, ignoraron as revelacións de Maduro. As probas de cargo adiantadas pola Fiscalía Nacional de Venezuela, mália seren de primeira para un xornalismo que se respectase a si propio, atoparon o silenzo dos media do capital.

Vítimas do atentado en Caracas, foron presentados como culpábeis na Prensa de América e da UE. Na foto, compañeiros axudan a un teniente atinxido por metralla na Avenida Bolívar de Caracas.

Seguir lendo O silenzo cúmplice da Prensa sobre o atentado de Caracas