Arquivo da etiqueta: BLoqueo

Cuba clama polo fin do Bloqueo, en nome dun dereito roubado á Revolución e aos Estados Unidos durante medio século

TSA (Redación)

O bloqueo aplicado por Estados Unidos contra Cuba durante máis de medio século é unha violación masiva, rechamante e teimosa dos dereitos humanos que deixa sobre o país unha altísima pegada nos sectores máis sensibeis; ao tempo, viola o dereito da cidadanía norteamericana a manter intercambios cos seus veciños en liberdade.

O ministro de Relacións Exteriores do Governo Revolucionario, Bruno Rodríguez Parrilla, argumentou nidiamente a dimensión da inxustiza imperial durante o relatorio sobre o acordo da Asemblea da ONU contra o bloqueo. Seguir lendo Cuba clama polo fin do Bloqueo, en nome dun dereito roubado á Revolución e aos Estados Unidos durante medio século

Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana

A Administración Norteamericana confiscou ao coruñés Xavier Carvajal o pago das mensalidades da escolarización dos seus dous fillos, de 6 e 4 anos, nun colexio da Habana.

Estados Unidos levou a efeito esta intervención, contraria a toda norma internacional entre países amigos, coa aplicación da Lei Helms-Burton, subtitulada “Lei de Liberdade Cubana e Solidariedade Democrática” aprobada o 1 de marzo de 1996.

A edición galega de El País do dia 30 de Janeiro, deu noticia da confiscación ilegal da transferência. O autor da información, Xosé Manuel Pereira, sinala que o pago dos recibos dun colexio pode devir “asunto sensibel de política internacional” por mor do bloqueo decretado por Norteamérica contra Cuba. Seguir lendo Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana

SÓ ISRAEL E PALAU VOTARON CON ESTADOS UNIDOS

O mundo condena o bloqueo de EE.UU. contra Cuba

Nacións Unidas, 29 outubro

A condena mundial ao bloqueo económico imposto por Estados Unidos a Cuba ascendeu hoxe ao seu nivel máis alto ao se pronunciaren 185 membros das Nacións Unidas a prol de que Washington suspenda esa medida de afogo e coerción contra un país soberano.

Nunha sesión da Asemblea Xeral para votar por décimo ano consecutivo un proxecto de resolución que pide a Washington o cesamento do bloqueo contra Cuba, Albania uniuse aos 184 estados que en 2007 se pronunciaron a favor dese documento.

Cese do Bloqueo Contra Cuba
Cese do Bloqueo Contra Cuba

 

Estados Unidos só foi secundado esta vez por Israel e Palau na súa oposición ao proxecto de resolución ao non poder contar coas Illas Marshall, a cal preferiu absterse, ao igual ca Micronesia.

Durante o debate en 2007, o proxecto “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba” foi aprobado por 184 votos a prol, catro en contra e unha abstención.

Na clausura da votación, o presidente da Asemblea Xeral, o diplomático nicaraguano Miguel De Escoto, destacou o unánime respaldo internacional recibido por Cuba fronte a inxerencia de Washington.

“Como presidente desta Asemblea é o meu deber defender o establecido na Carta da ONU, na cal non hai espazo para o bloqueo imposto arbitrariamente por Estados Unidos contra Cuba por case 50 anos,”, afirmou.

Prensa Latina.