Arquivo da etiqueta: Conferéncia Monetária de 1891

O saúdo do Papa no aeroporto da Habana atribúe a Martí unha cita apócrifa

Gustavo Luca – Terra Sen Amos

A cita de José Martí incluida por Francisco Bergoglio no seu discurso de chegada a Cuba, non é de Martí. Foi tomada dun informe da Conferéncia Monetaria celebrada en Washington a comezos de 1891 e reproducida polo própio Martí na Revista Ilustrada de Nueva York, en Maio do mesmo ano, citando a procedéncia. Martí incorpora ao seu informe vários parágrafos do dictame da Comisión Monetária deste encontro, e un deles, inserido entre aspas, di: “Los pueblos todos deben reunirse en amistad y con la mayor frecuencia dable, para ir reemplazando, con el sistema de acrecentamiento universal, por sobre la lengua de los istmos y la barrera de los mares, el sistema, muerto para siempre, de dinastías y de grupos”.  A cita defende en realidade o patrón bi-metálico (prata-ouro) preconizado por América contra o patrón ouro preferido polo Banco de Inglaterra. O propósito da Conferéncia auspiciada por EUA durante a presidencia de Harrison, era dar saída ás grandes reservas de prata de Fort Knox, facer fronte ao imperialismo victoriano británico (as “dinastías”) e aos grupos de presión norteamericanos (os “grupos”) partidários do patrón ouro. A reportaxe de Martí sobre a conferéncia está incluida nas páxinas 154 a 167 do volume IV da súa obra completa, dentro da sección Nuestra América. Martí era na altura ministro plenipotenciario do Uruguai en Washington e foi encargado polo governo de Montevideo de representar a República Oriental na Conferéncia Monetária.

Martí cita nunha cróniica enviada a Revista Ilustrada de Nueva York, a sentenza que lle atribúe erradamente Bergoglio.
Martí cita nunha cróniica enviada a Revista Ilustrada de Nueva York, a sentenza que lle atribúe erradamente Bergoglio.

 

Seguir lendo O saúdo do Papa no aeroporto da Habana atribúe a Martí unha cita apócrifa