Arquivo da etiqueta: Conferencia Mundial de Educación

A INFANCIA EN CUBA

Datos da infancia no mundo que contrastan coas cifras da realidade cubana.

CUBA, UN CASO MOI RARO (I) por Roberto do Val Menéndez

No mundo máis de 300 000 nenos e nenas participan de conflitos armados, mentres millóns non teñen nin mestres, nin escolas.

Cando este venres as axencias internacionais de prensa reportaban o fin da 48 Conferencia Mundial de Educación auspiciada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), efectuada en Xenebra, pensei no raro que debe ser para Cuba promesas e proxeccións que aquí xa son realidades.

Os máis de 1 400 delegados gobernamentais, de organizacións e institucións internacionais, así como expertos de 153 países, coincidiron en sinalar que a actual crise financeira internacional, globalizada desde os Estados Unidos, non pode ser causa para afectar os fondos económicos destinados á Educación, e menos para as nacións pobres, “os menos responsables da situación”.

Non faltou nas sesións de traballo o interese porque os discapacitados nos países pobres teñan fácil acceso á educación, así como os millóns de nenos e nenas máis humildes do mundo.

Tamén no evento houbo esixencia por facer realidade o que se coincidiu en chamar “educación inclusiva”, é dicir, a posibilidade de toda persoa, sen importar filiación política, relixiosa, filosófica, étnica, de raza ou sexo non sexa rexeitada para recibir educación desde a infancia ata poder desenvolver todas as súas potencialidades, sen excluír “nenos con minusvalías físicas ou mentais, emigrantes, nenos da rúa e vítimas da violencia”.

A UNESCO recoñeceu que actualmente uns 75 millóns de nenos non asisten ás escolas, dos cales máis da metade son criaturas, un terzo sofre de minusvalía, viven en estado de marxinación ou forman parte dos 300 000 que participan activamente de conflitos armados.

Caso raro o de Cuba, pois ningún deles, absolutamente ningún deses casos, é unha nena ou neno cubano.

(Continuará…)