Arquivo da etiqueta: Cuba

Cuba honra á Venezuela bolivariana horas antes de recibir a Obama

Terra Sen Amos – ACN 19/03/16
A Orde de Martí, a máis alta distinción da República de Cuba, foi entregada sexta feira 18 ao presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro. Cuba, representada polo presidente Raúl Castro e o pleno da equipa de governo, rendeu unha homenaxe á Revolución Venezuelana mentres as comisións de ambos paises asinaron o Plano Anual de Colaboración dirixido a afortalar o intercambio comercial e económico e áreas de interese común. Cuba ratifica ao seu máis alto nivel o compromiso con Venezuela horas antes de o avión presidencial norteamericano pousar na Habana.

Maduro, acompañado do vicepresidente cubano Diaz Canel, aúdan ao público congregado na Praza da Revolución na Habana.
Maduro, acompañado do vicepresidente cubano Diaz Canel, saúda ao público congregado na Praza da Revolución na Habana.

Seguir lendo Cuba honra á Venezuela bolivariana horas antes de recibir a Obama

ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA

“Os cambios que está a facer Cuba na súa economía, diríxense a reforzar o socialismo e teñen como límite o equilibrio social”, dixo Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba, nunha reunión en Santiago coa xunta directiva e socios da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Eugenio Martínez foi presentado polo cónsul xeral, José Antonio Solana.

O Embaixador acudiu a Galiza para ultimar co presidente da Autonomia o programa da visita institucional a Cuba, decembro vindeiro, e deu conta á Asociación das importantes transferencias de xestión previstas para 2014, centradas nun aumento importante da cooperativización e do comercio privado, a realizar sobre a propiedade socialista dos medios de produción que vai ser preservada. Seguir lendo ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA

Cuba exporta saúde e cultura cercada por un imperialismo que reparte guerra e miseria

Bartolomé Sancho Morey.

Das Universidades de Cuba sairán este ano 10.500 médicos, 5.683 cubanos e 4.843 procedentes de 70 paises dos cinco continentes, entre eles os Estados Unidos. Os graduados son homes e mulleres con alto nível de preparación e de compromiso cos desposeídos do mundo. Dende 1961 até 2012, son máis de 124.700 os médicos cubanos formados nas Universidades da illa e decenas de miles os extranxeiros que cursaron estudos de medicina con bolsas integrais do Estado.

Cuba contaba con seis mil médicos na altura de 1959 pero o pais houbo de resolver con menos de tres mil o convulso periodo da primeira contraofensiva reaccionaria, despois da deserción antipatriótica dos médicos burgueses que preferiron emigrar a Estados Unidos antes de participar no proxecto de sanidade socialista emprendido pola Revolución. Contra esta traición que tan graves problemas orixinou, Cuba é hoxe o pais con máis médicos per cápita do mundo e o seu modelo de sanidade é citado como exemplo pola OMS. Seguir lendo Cuba exporta saúde e cultura cercada por un imperialismo que reparte guerra e miseria

Cuba clama polo fin do Bloqueo, en nome dun dereito roubado á Revolución e aos Estados Unidos durante medio século

TSA (Redación)

O bloqueo aplicado por Estados Unidos contra Cuba durante máis de medio século é unha violación masiva, rechamante e teimosa dos dereitos humanos que deixa sobre o país unha altísima pegada nos sectores máis sensibeis; ao tempo, viola o dereito da cidadanía norteamericana a manter intercambios cos seus veciños en liberdade.

O ministro de Relacións Exteriores do Governo Revolucionario, Bruno Rodríguez Parrilla, argumentou nidiamente a dimensión da inxustiza imperial durante o relatorio sobre o acordo da Asemblea da ONU contra o bloqueo. Seguir lendo Cuba clama polo fin do Bloqueo, en nome dun dereito roubado á Revolución e aos Estados Unidos durante medio século

A CELAC vai ser clave para indepedenza da Nosa América, di Raúl

“Teremos no CELAC unha organización da Nosa América e pode ser o acontecimento máis grande dos 200 anos de independencia demediada de América Latina e o Caribe”, dixo o presidente Raúl Castro no cumio fundacional da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños.

A quenda de intervención do presidente de Cuba, deu lugar ao aplauso máis cálido e prolongado do foro internacional reunido en Caracas. O correspondente do xornal cubano “Juventud Rebelde” conta que mentres o xeneral cubano camiñaba para a tribuna o aplauso parecía non querer rematar. Seguir lendo A CELAC vai ser clave para indepedenza da Nosa América, di Raúl