Arquivo da etiqueta: Cuba

A CELAC vai ser clave para indepedenza da Nosa América, di Raúl

“Teremos no CELAC unha organización da Nosa América e pode ser o acontecimento máis grande dos 200 anos de independencia demediada de América Latina e o Caribe”, dixo o presidente Raúl Castro no cumio fundacional da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños.

A quenda de intervención do presidente de Cuba, deu lugar ao aplauso máis cálido e prolongado do foro internacional reunido en Caracas. O correspondente do xornal cubano “Juventud Rebelde” conta que mentres o xeneral cubano camiñaba para a tribuna o aplauso parecía non querer rematar. Seguir lendo A CELAC vai ser clave para indepedenza da Nosa América, di Raúl

Clamor na ONU contra o bloqueo de Cuba

A Asemblea das Nacións Unidas critica con máis votos que nunca a política de inxerencia de Estados Unidos contra Cuba.

O país máis armado da historia da humanidade intervén como promotor da sabotaxe administrativa e bombista contra outro pequeno Estado que exporta médicos e mestres a todo o mundo ao tempo que promove o principio da xustiza e a igualdade. O voto da ONU indica que as razóns de Cuba poden máis que a forza do Imperio. Seguir lendo Clamor na ONU contra o bloqueo de Cuba

Novas experiencias na agricultura cubana

Soberanía Alimentar.

Son numerosas as accións que ven realizando o goberno Cubano para facer fronte ao crecemento da importación de alimentos, tendencia provocada por factores organizativos, malas políticas cara ao sector agrícola, aparte de situacións climáticas adversas.

O 80% dos alimentos que Cuba consumíu nos derradeiros anos foron importados, desembolsando só no 2008, 2,5 millardos de dólares por ese concepto. No ano e medio último transcorrido, o goberno trazou estratexias nas que pretende un ambicioso reordenamento do agro nos que se busca diminuír nos vindeiros 5 anos a metade da compra de arroz e un 30% dos freixóns entre outros propósitos. Seguir lendo Novas experiencias na agricultura cubana

Historia da Revolución cubana

CANDO CUBA COMEZOU A SER DONA DOS SEUS DESTINOS

Anxo Rodríguez Álvarez

A Revolución Cubana, que agora arriba ao seu aniversario 50, é un dos acontecementos que marcaron o século anterior e cuxa influencia está presente nos actuais procesos políticos no continente latinoamericano.

Na noite dese día, o primeiro do ano 1959, desde o balcón do edificio do Goberno Provincial de Santiago de Cuba, ante unha multitude de santiagueiros, o Comandante en Xefe Fidel Castro pronunciou un discurso que o tempo encargaríase de confirmar. Seguir lendo Historia da Revolución cubana

A INFANCIA EN CUBA

Datos da infancia no mundo que contrastan coas cifras da realidade cubana.

CUBA, UN CASO MOI RARO (I) por Roberto do Val Menéndez

No mundo máis de 300 000 nenos e nenas participan de conflitos armados, mentres millóns non teñen nin mestres, nin escolas.

Cando este venres as axencias internacionais de prensa reportaban o fin da 48 Conferencia Mundial de Educación auspiciada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), efectuada en Xenebra, pensei no raro que debe ser para Cuba promesas e proxeccións que aquí xa son realidades.

Os máis de 1 400 delegados gobernamentais, de organizacións e institucións internacionais, así como expertos de 153 países, coincidiron en sinalar que a actual crise financeira internacional, globalizada desde os Estados Unidos, non pode ser causa para afectar os fondos económicos destinados á Educación, e menos para as nacións pobres, “os menos responsables da situación”.

Non faltou nas sesións de traballo o interese porque os discapacitados nos países pobres teñan fácil acceso á educación, así como os millóns de nenos e nenas máis humildes do mundo.

Tamén no evento houbo esixencia por facer realidade o que se coincidiu en chamar “educación inclusiva”, é dicir, a posibilidade de toda persoa, sen importar filiación política, relixiosa, filosófica, étnica, de raza ou sexo non sexa rexeitada para recibir educación desde a infancia ata poder desenvolver todas as súas potencialidades, sen excluír “nenos con minusvalías físicas ou mentais, emigrantes, nenos da rúa e vítimas da violencia”.

A UNESCO recoñeceu que actualmente uns 75 millóns de nenos non asisten ás escolas, dos cales máis da metade son criaturas, un terzo sofre de minusvalía, viven en estado de marxinación ou forman parte dos 300 000 que participan activamente de conflitos armados.

Caso raro o de Cuba, pois ningún deles, absolutamente ningún deses casos, é unha nena ou neno cubano.

(Continuará…)