Arquivo da etiqueta: Cubainformación

O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

Juventud Rebelde /Cubainformación

A Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, requeriu ao Governo español intervir perante o executivo norteamericano en demanda de excarceración inmediata dos Cinco Antiterroristas Cubanos, inocentes presos nas cadeas dos Estados Unidos dende desde 1998.

Promoveu a moción o Grupo Mixto, a instancias do Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, Izquierda Unida, Iniciativa per Cataluña-Els Verts e o PSOE e os deputados aprobaron unha proposición non de Lei construida sobre o fondo de incontábeis pronunciamentos internacionais a prol de Gerardo, René, Ramón, Antonio e Fernando, e de pedidos de liberación semellantes formulados por governos, parlamentos, instancias públicas de toda clase, asociacións en defensa da xustiza e particulares. Verdadeira fronda documental para o Governo poder interceder perante Washington en demanda de excarceración e para os familiares dos antiterroristas poderen atinxir o dereito de humanidade de visitalos, negado até o de hoxe pola Casa Branca. Seguir lendo O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

O Tribunal Supremo impide a Bacardí a falsificación da marca Havana Club

Cubainformación.

Unha sentencia do Tribunal Supremo impide á empresa Bacardí-Martini falsificar a marca de ron Havana Club, propiedade do Estado Cubano e comercializada en asociación coa compañía francesa Pernod-Ricard. O Tribunal confirma sentencias de instancias previas que denegaban á Bacardí-Martini todo o dereito sobre a marca cubana.

O reaccionario grupo de presión cubano-norteamericano leva dezasete anos tratando de violentar a norma internacional sobre marcas e os acordos da OMC e animando á empresa Bacardí-Martini a se apropiar dunha etiqueta que nunca foi da súa propiedade baixo o amparo da prepotente Lei Helms-Burton e mediante o desafío da soberanía e as normas de cada país.

A rede internacional de solidariedade con Cuba, asi coma as asociación da emigración cubana en Europa promoven a intensificación da campaña “Bacardí, un mal trago” despois desta noticia que confirma que Bacardí-Martini viola a Lei no que se refire á prestixiosa marca nacional cubana Havana Club. Seguir lendo O Tribunal Supremo impide a Bacardí a falsificación da marca Havana Club

Os grandes medios censuran a vital intervención dos médicos cubanos en Haití

José Manzaneda (Cubainformación)

A Brigada Médica Cubana destacada en Haití, con case 400 cooperantes, foi a máis importante asistencia sanitaria que tivo o povo daquel país nas primeiras 72 horas despois do sismo. Este feito noticiábel foi censurado polos grandes medios.

Con todo, a axuda de Cuba ao povo de Haití non encetou neste terremoto senón que é un relato que comeza en 1998, cando Cuba abordara en Haití un Plano Integral de Saúde (1), no que se desempeñaron sen interrupción 6.000 cooperantes cubanos. Pasadas as primeiras horas da catástrofe, o mesmo 13 de xaneiro, sumáronse á Brigada Médica cubana permanente 60 especialistas en catástrofes, integrantes do continxente “Henry Reeve”, chegado por avión dende Cuba con medicamentos, soro fisiolóxico, plasma e alimentos (2). Os médicos/as cubanos habilitaron un hospital de campaña, no que residían, e atenderon a miles de persoas diarias. Ao tempo, levaban a cabo centos de operacións cirúrxicas en 5 puntos asistenciais de Porto Príncipe. Outros 400 xoves médicos e médicas haitianos formados en Cuba, sumáronse como reforzo á brigada cubana (3). Seguir lendo Os grandes medios censuran a vital intervención dos médicos cubanos en Haití