Arquivo da etiqueta: Efrén Monteagudo

Homenaxe en Lisboa ás vitimas do atentado contra a embaixada de Cuba no 76

Cubadebate – Terra Sen Amos

Os himnos nacionais de Cuba e Portugal resoaron na céntrica avenida Fontes Pereira de Melo de Lisboa ao receber na entrada da Embaixada de Cuba, no número 19, un galano floral de cravos vermellos e brancos en recordo de Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976. Unha placa conmemorativa recorda na  porta da legación aos dous diplomáticos asasinados en plena mocidade. A onda de máis de 150 atentados contra misións diplomáticas e obxectivos cubanos en máis de 20 países sucedera entre 1975 e 1976, con ataques terroristas contra as Embaixadas de Cuba en Perú e México e outras legacións, entre elas a de Nova York.

A embaixadora de Cuba en Lisboa recorda a Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976.
A embaixadora de Cuba en Lisboa recorda a Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976.

Seguir lendo Homenaxe en Lisboa ás vitimas do atentado contra a embaixada de Cuba no 76