Arquivo da etiqueta: Eugenio Martínez Enríquez

O voceiro da Hispanidade chama a Cuba “desolación absoluta”

Terra Sen Amos – Redacción

O feito de o Voceiro da Hispanidade recomendar como paradigma de progreso, dende a súa páxina editorial, o governo corrupto e usurpador de Batista e cualificar Cuba actual de desolación absoluta dá lugar a unha carta de resposta de Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba en Madrid,  que acusa ao diario de non informarse sobre a actualidade e ignorar, por exemplo, a realidade de máis de 52 universidades levantadas pola Revolución Cubana para centos de miles de cubanos e extranxeiros; máis de 230 institucións de ciencia e tecnoloxía, que producen, entre outros medicamentos, 338 específicos rexistrados contra o cancro, 261 biofármacos  e outros 900 en ensaios clínicos, unidos aos que xa en uso garanten altos índices de saúde ao povo cubano e expórtanse a todo o mundo por centos de millóns de euros.

O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada dos mesmos disidentes que recomendaría repatriar en decembro de 2014.
O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada dos mesmos disidentes que recomendaría repatriar en decembro de 2014.

Seguir lendo O voceiro da Hispanidade chama a Cuba “desolación absoluta”

Fernando González agradece a solidariedade de Galiza e recorda o compromiso de resgate de Ramón, Gerardo e Antonio

Terra Sen Amos-Madrid

Fernando González Llort, heroe da República de Cuba e vice-presidente do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP), dirixiuse na súa primeira visita ao Estado, a activa solidariedade de Galiza cos Cinco Cubanos. Fernando entregou a unha delegación da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, desprazada a Madrid para un encontro de homenaxe aos Cinco, o seguinte texto: “Aos amigos de Galiza: un saúdo agradecido e o compromiso de loitar até ver de regreso a Gerardo, a Ramón e a Toni”.

Coral Prieto e Gustavo Luca, da "Francisco Villamil", con Fernando Gonzalez Llort
Coral Prieto e Gustavo Luca, da “Francisco Villamil”, con Fernando Gonzalez Llort

Seguir lendo Fernando González agradece a solidariedade de Galiza e recorda o compromiso de resgate de Ramón, Gerardo e Antonio

A Comisión Internacional de Xuristas reunida en Londres, reclama a Obama a liberación dos antiterroristas cubanos

LONDRES, 08.03.14 TSA.

A Comisión Internacional de Xuristas reunida para investigar o caso dos Cinco reclamou do presidente dos Estados Unidos Barack Obama, a urxente liberación dos loitadores antiterroristas cubanos ainda presos nas cadeas norteamericanas.

Indícase que a posta en liberdade debe ser inmediata e incondicional, por mor das conclusións dos xuices depois de investigaren o caso dos cubanos arrestados en 1998 por tratar de prever os ataques de grupos terroristas contra Cuba.

Formaron parte da comisión Yogesh Sabharwal, ex titular de Xustiza da India; Zac Jacoob, ex xuiz do Tribunal Constitucional de Sudáfrica e Phillipe Texier, xuiz do Tribunal Supremo de Francia, que admitiron probas de os antiterroristas non cometeren nin facer por levar a cabo actos de violencia, como tamén non conspirar contra o país que lles impuxo pena de cadea. Seguir lendo A Comisión Internacional de Xuristas reunida en Londres, reclama a Obama a liberación dos antiterroristas cubanos

UN DIARIO EN BANCARROTA NUN PAÍS EN CREBA, ANUNCIA O FRACASO DE CUBA

Eugenio Martínez Enriquez, embaixador de Cuba en España, replica un editorial publicado polo diario El Pais o dia 5 de xaneiro, baixo o título “Y van 55 años”. Fronte a arrogante sentencia de “fracaso” aplicada polo diario á economía cubana, o Embaixador cita indicativos sociais de Cuba superiores aos dos Estados Unidos e Canadá; sobre a pretensión deste diario, en guerra declarada contra o ALBA, de seren os cubanos os máis “conscientes do fracaso” da Revolución, Martínez Enriquez recorda os millóns de cubanos e cubanas defensores dunha opción de governo que lles garantíu pola primeira vez a dignidade e a independenza”.

A carta de réplica desafía ao diario a buscar e publicar indicativos de asistencia infantil universal comparabeis aos de Cuba, co recoñecemento e parabéns das Nacións Unidas e varias outras institucións internacionais, a pesar de padecer dende hai máis de medio século estorbos, sancións, intervencións ilegais de contas, campañas de infundios, contaminacións, ameazas e atentados por parte dos Estados Unidos.

Seguir lendo UN DIARIO EN BANCARROTA NUN PAÍS EN CREBA, ANUNCIA O FRACASO DE CUBA

O CNA RESERVOU A RAUL O LUGAR DE HONRA NO SEPELIO DE MANDELA

Dous diarios de Madrid denigran a pública distinción e homaxe do povo e do goberno de Sudáfrica a Cuba en Joannesburgo. Os dous xornais apoian editorialmente a ocupación de Iraq, o asasinato con avións non tripulados, o bombardeo de Libia e o matadeiro norteamericano en Guantánamo ocupada. Un deles, o ABC, fora afervoado partidario de Mobutu, da intervención mercenaria en Angola e do estado racista do Apartheid. O embaixador de Cuba en Madrid, Eugenio Martínez Enríquez, dixo en senllas cartas feitas públicas onte, que os diarios poden confundir aos leitores pero non ao povo de Africa.

O embaixador recorda que foi Bapela Mbete, Coordenadora Nacional do Congreso Nacional Africano, a que reservou ao presidente de Cuba o quinto lugar (o derradeiro e principal na lista de oradores) para falar a Sudáfrica e ao mundo durante a cerimonia de adeus a Nelson Mandela. “Facéndoo deste xeito -explica Martínez Enríquez- “a señora non dubidou en recordar que correspondía falar ao Presidente dunha pequeña Illa, o país que liberóu a Sudáfrica; o país vencedor na batalla de Cuito Cuanevale”.

Seguir lendo O CNA RESERVOU A RAUL O LUGAR DE HONRA NO SEPELIO DE MANDELA