Arquivo da etiqueta: Euskadi-Cuba

O Bloqueo atravanca tres xiros de Euskadi-Cuba para brigadas medicas cubanas na Arxentina

Euskadi-Cuba.org

Tres bancos da UE recusaron transferéncias da Asociación Euskadi-Cuba para intervencións solidarias da medicina cubana na Arxentina, ao seren ameazados con sancións dos Estados Unidos dentro da política de Bloqueo que se prolonga dende hai 56 anos e que foi intensificada dende 2017 pola presidencia de Donald Trump. A Comisión Europea non fixo ningún comentario sobre esta nova chantaxe mafiosa de EUA contra bancos de paises fundadores da UE, que non incumpren lei internacional ningunha por xiraren cartos procedentes de recadas solidarias. Os bancos son os alemáns Deutsche Bank e Commerzebank AG e o italiano Unicredit. Privadamente, os bancos recoñeceron as ameazas de EUA e os alemáns cobraron comisións polo xiro non realizado.

Recepción de brigadas médicas cubanas na Arxentina en 2017.

Seguir lendo O Bloqueo atravanca tres xiros de Euskadi-Cuba para brigadas medicas cubanas na Arxentina

“Non rematou a conxura de EUA e UE contra o exemplo cubano”, recorda a solidariedade en Zaragoza

Cubainformación – Terra Sen Amos

A recuperación de embaixadas con Washington, honra a integridade e coerencia cubana en máis de medio século, mais non cesa a conxura de Estados Unidos e a UE para acabar co exemplo de Cuba Revolucionária, faro dos povos oprimidos. A solidariedade con Cuba reafirmóu en Zaragoza o seu respaldo e asistencia ao exemplo cubano: “En Cuba -precisa a declaración de Zaragoza- Patria significa Humanidade, e a súa man para as causas xustas, non coñece fronteiras: máis de 50.000 profisionais da saúde e a educación repartidos polo mundo, traballando nas extremas da pobreza e o malpasar do planeta, son embaixadores da solidariedade cubana”. A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, que está a celebrar o seu o XXX Aniversário, estivo representada en Zaragoza.

 
Do 12 ao 14 de xuño, o XIII Encontro de Solidariedade do Estado Español con Cuba, contóu coa presenza en Zaragoza de 182 militantes de 46 entidades solidarias e a compaña excepcional de Fernando González, parte e representación dos Cinco Heroes Cubanos que foran presos en EEUU contra toda razón e xustiza; o Asesor do Consello de Estado e ex-ministro de Cultura, Abel Prieto; o ex-ministro de Economía de Cuba e actual asesor do Centro de Investigacións da Economía Mundial, José Luis Rodríguez; a Directora do Centro de Investigacións Psicolóxicas e Sociolóxicas da Habana, María Isabel Domínguez; o Vicepresidente Primeiro do Instituto Cubano de Amizade cos Povos, Elio Gámez e o embaixador de Cuba en Madrid.

A solidariedad debateu en Zaragoza como contrarrestar a guerra mediática contra Cuba
A solidariedad debateu en Zaragoza como contrarrestar a guerra mediática contra Cuba

Seguir lendo “Non rematou a conxura de EUA e UE contra o exemplo cubano”, recorda a solidariedade en Zaragoza

AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo

TERRA SEN AMOS/Redación.

Ramón Vázquez Díaz, deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), presentou tres preguntas parlamentares ao Goberno Galego, sobre “Zunzuneo”, a rede social criada e financiada polo Goberno dos EEUU para conspirar contra o Goberno e o ordenamento legal de Cuba.

Vázquez inquire á Xunta se dispuña información sobre a inxerencia da rede Zunzuneo contra as Leis de Cuba e pregunta ao Goberno Autonómico se comparte o ilegal bloqueo e a diaria conspiración do Goberno de Washington contra Cuba.

O deputado quere saber se a Xunta coñecía a participación de Yoani Sánchez na rede Zunzún, na altura de intervir en actos públicos en Galiza que contaron coa atención preferente de medios oficiais. Seguir lendo AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo