Arquivo da etiqueta: Exército Cubano

O protagonismo cubano en Angola e Namibia, documentado con arquivos do Apartheid e de EUA

Juventud Rebelde – Terra Sen Amos

O profesor italo-norteamericano Piero Gleijeses, estudoso da colaboración internacionalista de Cuba en África, vai presentar na Habana un completo traballo sobre a decisiva colaboración do goberno revolucionario cubano na derrota do colonialismo racista en Sudáfrica, Namibia e Angola. O seu libro Visións da Liberdade: A Habana, Washington, Pretoria e a loita polo sur de África 1976-1991 corrobora e afonda con fontes sudafricanas, norteamericanas e cubanas un ensaio histórico seu publicado en 1997 co título Misións en Conflito, A Habana, Washington e África 1959-1976. O historiador da Universidade John Hopkins de Washington, afirma que «non existe ningún país na historia moderna que exercera por un tempo tan dilatado unha política exterior tan altruísta e valente como a da Cuba Revolucionaria». Afírmao coa certeza de quen desde comezos da década de 1990 investigou a fazaña cubana en África. Gleijeses non se deu por satisfeito co seu primeiro e revelador libro e e entrega agora unha investigación completa. Asegura que no seus primeiros contactos co tema, tiña unha visión moi positiva sobre a política cubana en África, pero receaba de posíbeis fallas e erros. “Agora -asegura o historiador- a miña opinión é máis positiva, logo de 18 anos de indagacións que me permitiron coñecer algo único no mundo como é o sentido da nobreza da política exterior de Cuba”. O teimudo e acucioso investigador, asegura que necesitaba documentos oficiais de todos os implicados na guerra para poder certificar a heroica intervención, “porque nun mundo onde hai tanta xenreira e mentiras contra Cuba, non se pode depender só de entrevistas, pois recusaríanas coma opinións falsas”.

O povo de Angola despide aos soldados de Cuba en 1989
O povo de Angola despide aos soldados de Cuba en 1989

Seguir lendo O protagonismo cubano en Angola e Namibia, documentado con arquivos do Apartheid e de EUA

A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

Valentín Alvite.

En datas recentes, a axencia norteamericana Associated Press deu noticia de o Goberno de EE UU financiar en Cuba a rede social Zunzuneo, unha especie de “twitter” destinado a crear unha situación similar á “Primavera árabe” para provocar un cambio político na Illa. A citada axencia informa de o Goberno estadounidense recoñecer a existencia dese proxecto, que tivo un custo de varios millóns de dólares.

Se a finalidade de Zunzuneo é difundir as bondades do sistema político de EE UU, existe un modo de logralo sen causar ningún gasto aos contribuíntes: invitar os cubanos a visitar a base norteamericana de Guantánamo. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Os visitantes poderían coñecer en detalle un modelo de estrito respecto aos dereitos humanos: nese recinto militar, desde 2001, centenares de presos sen acusación soportan as máis crueis torturas. Seguir lendo A rede Zunzuneo e as leccións de democracia