Arquivo da etiqueta: FACRE

Fernando González agradece a solidariedade de Galiza e recorda o compromiso de resgate de Ramón, Gerardo e Antonio

Terra Sen Amos-Madrid

Fernando González Llort, heroe da República de Cuba e vice-presidente do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP), dirixiuse na súa primeira visita ao Estado, a activa solidariedade de Galiza cos Cinco Cubanos. Fernando entregou a unha delegación da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, desprazada a Madrid para un encontro de homenaxe aos Cinco, o seguinte texto: “Aos amigos de Galiza: un saúdo agradecido e o compromiso de loitar até ver de regreso a Gerardo, a Ramón e a Toni”.

Coral Prieto e Gustavo Luca, da "Francisco Villamil", con Fernando Gonzalez Llort
Coral Prieto e Gustavo Luca, da “Francisco Villamil”, con Fernando Gonzalez Llort

Seguir lendo Fernando González agradece a solidariedade de Galiza e recorda o compromiso de resgate de Ramón, Gerardo e Antonio

A solidariedade con Cuba require do presidente do Consello da UE o fin da Posición Común

Carta sobre a “Posición Común sobre Cuba” dirixida ao Presidente de Chipre e Presidente do Consello da UE.

Estimado Presidente Dimitris Christofias,

Estimadas excelencias, señoras e señores:
Nós, cidadáns e cidadás comprometidos coa amizade e o labor de solidariedade con Cuba a medio das nosas organizacións nacionais, dirixímoslle esta carta en razón de ter asumido a responsabilidade da Presidencia do Consello da UE.

Máis de 50 anos correron depois da Administración dos Estados Unidos comezar o bloqueo contra Cuba. É un feito do que vostede non é ignorante, como tamén sabe que hai 16 años as leis do bloqueo foran agravadas e hai dez anos, os Estados Unidos estableceran un campo de prisioneiros e prática de tortura na badia de Guantánamo, en territorio cubano, con más de 700 persoas. Seguir lendo A solidariedade con Cuba require do presidente do Consello da UE o fin da Posición Común