Arquivo da etiqueta: Federación de Mujeres Cubanas (FMC)

Cincuenta e cinco anos de revolución emancipadora das mulleres en Cuba

Salim Lamrani – Almayadeen (versión en Galego de TSA)

A Revolución Cubana trouxo o cambio político social máis importante da historia de América Latina. Dende 1959, as novas autoridades lideradas por Fidel Castro, emprazaron aos desherdados, nomeadamente as mulleres e persoas de cor, no centro do proxecto reformador; ocupábanse así das vítimas principais das discriminacións, nunha sociedade patriarcal e segregacionista. A Revolución “dos humildes, polos humildes e para os humildes” (1) botaba as raíces dunha nova era igualitária, libre das angurias e das inxustizas das estruturas sociais do país e da súa história. A muller  cubana foi prioridade do Governo revolucionário coa creación, en 1960, da Federación de Mulleres Cubanas (FMC), baixo a presidencia de Vilma Espín Dubois, militante plenamente comprometida contra a ditadura de Fulgencio Batista. Cal era o estatus da muller na altura do triunfo da Revolución? ¿Qué medidas concretas adoptáranse para espallar e aplicar as ideas da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, encamiñadas a acabaren cos prexuizos e os estereotipos culturais? Baixo o réxime de Batista, de 1952 a 1958, as mulleres de Cuba, coutadas nunha sociedade patriarcal, só representaban o 17% da poboación activa e recibía un salario sensibelmente inferior ao do home por un emprego semellante. Limitada ao rol de ama de casa, suxeita á omnipotencia do marido, primeira vítima do analfabetismo denigrante, as perspectivas eran sombrizas para a muller. Dos 5,8 millóns de habitantes, cunha taxa de escolarización de só un 55% para as idades de 6 a 14 años, máis dun millón de cativos ficaban sen escola, no fogar familiar, a cargo da nai. O analfabetismo asolaba o 22% da povoación, isto é máis de 800.000 persoas, na maioría mulleres.[2]

Co gallo do 55 aniversário da fundación da Federación de Mujeres Cubanas (FMC) a institución recibiu o premio Únete, ao compromiso coa igualdade e a non violéncia de xénero, instituido pola ONU
Co gallo do 55 aniversário da fundación da Federación de Mujeres Cubanas (FMC) a institución recibiu o premio Únete, ao compromiso coa igualdade e a non violéncia de xénero, instituido pola ONU

Seguir lendo Cincuenta e cinco anos de revolución emancipadora das mulleres en Cuba