Arquivo da etiqueta: Fidel Castro

René Vazquez Díaz critica a preferencia de Suecia por una disidencia cubana irrelevante e oportunista

Terra Sen Amos-Redacción-

“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco.  O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre  a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.

Versión sueca de "Un Amor que se nos va", novela de René Vázquez aparecida en 2008
Versión sueca de “Un Amor que se nos va”, novela de René Vázquez aparecida en 2008

Seguir lendo René Vazquez Díaz critica a preferencia de Suecia por una disidencia cubana irrelevante e oportunista

Cuba celebra o exemplo de Fidel no seu 88 aniversario

Terra Sen Amos-Juventud Rebelde
Fidel Castro, líder da Revolución Cubana, cumpre nesta quarta feira 88 años de vida. Como ven sucedendo desde a cesión da presidencia en 2006, na persoa do seu irmán Raúl, o programa de comemoracións aparece en branco: non hai convocatoria oficial  para o aniversario.  É o povo de Cuba quen invita nun regueiro de actos en todo o país a lembrar a data e a celebrar o exemplo de Fidel. Seguir lendo Cuba celebra o exemplo de Fidel no seu 88 aniversario

A América anti-colonial denuncia o crime contra Palestina e o silenzo da UE

Paula Costa-Terra Sen Amos
A América anti-imperialista da CELAC e a ALBA alza a súa voz contra o xenocidio de Palestina mentres a poderosa estrutura da UE, debedora dun pasado colonial e racista, pratica un silenzo favorábel ao roubo e o crime dos Estados Unidos e Israel contra a povo palestiniano.
Fidel Cas­tro denunciara 5 de agosto nun artigo o holocausto palestiniano en Gaza. “Se o xenocidio dos nazis contra os xudeos merecera o odio de todos os povos da terra, por que coida o Estado de Israel que o mundo vai ser insensibel diante deste estarrecedor xenocidio contra o povo de Palestina?”,  pregunta o líder da Revolución Cubana.CELAC Seguir lendo A América anti-colonial denuncia o crime contra Palestina e o silenzo da UE

OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

Gustavo Luca – Terra Sen Amos.

“Na historia de Africa non existe outro caso dun povo alzado en defensa dun dos nosos”, declaraba Mandela ao Granma 27 de xullo de 1991. O primeiro presidente democrático de Sudáfrica honraba con estas palabras a contribución decisiva de Cuba na derrota do sistema racista do Apartheid e recoñecía o empeño de Fidel Castro naquela loita que o líder da Revolución Cubana chamara “a causa máis bonita”. A mesma prensa que condenaba a Mandela a cadea perpetua por terrorismo, despídeo con bágoas na hora do seu pasamento e procura non citar o protagonismo de Cuba na liberación de Namibia e Angola que obrigara á rendición de feito dos racistas de Sudáfrica.

Tropas cubanas chegaran a Angola en 1975-76. Derrubada a ditadura portuguesa no 74, un goberno de transición formado polo MPLA de Agostinho Neto, o FNLA de Holden Roberto e a UNITA de Jonas Sawinbi, comprometérase a dirixir Angola até as eleccións de novembro do 75. Antes da votación, soldados do Zaire colonialista de Mobutu entraron en Angola con braceletes do FNLA, engano inútil porque o MPLA prevalecía pese a superioridade en armas (procedentes de Sudáfrica e Estados Unidos) dos partidos mercenarios. Seguir lendo OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

“Imposibel estar en Santiago de Compostela e non facer por chegar a Láncara, onde se atopa a aldea da Galiza fonda na que nacera o pai de Fidel e Raúl, Ánxel Castro Arxiz. Imposibel non emocionarse á vista da casa humildísima na que afonda a raíz galega dos líderes da Revolución cubana”, escrebe hoxe na súa bitácora dixital “La Pupila Insomne”, Iroel Sánchez, que falou a pasada semana en Vigo e Compostela, en conferencias organizadas pola “Francisco Villamil” e a Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).

O multipremiado poeta e xornalista cubano, que ten seguidores en todo o mundo, foi acompañado na súa visita a Láncara por Valentín Alvite Gándara, presidente, Xosé Manuel Viquera, vice-presidente e por Ana Pereira e Merchi Santiago, tamén integrantes da diretiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Na fotografía á beira, Alvite e Viquera posan xunto a Iroel Sánchez no camiño de Armea. Seguir lendo IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL