Arquivo da etiqueta: Guantánamo

“Compre pechar Guantánamo e restituilo aos seus propietarios lexítimos”, di Amy Goodman

Amy Goodman-Denis Moynihan
Democracy Now!

Cúmprense este mes xaneiro trece anos da chegada dos primeiros presos tralo atentado do 11 de setembro de 2001 á cadea da Badía Guantánamo, o cárcere máis tristemente nomeado do planeta. Arrepiante aniversario na altura de restablecermos relacións diplomáticas sobre o canal da Bahama, recordatorio do necesario que é pechar definitivamente este cagarrón e volverlle o territorio ao seu propietario lídimo: o Povo Cubano. É hora de rematar este capítulo escuro da historia estadounidense.

Tortura sobre persoas secuestradas e nunha terra roubada.
Tortura sobre persoas secuestradas e nunha terra roubada.

Seguir lendo “Compre pechar Guantánamo e restituilo aos seus propietarios lexítimos”, di Amy Goodman

Margallo pide a Habana repatriar presos cubanos levados a Madrid polo Vaticano e o governo español en 2010

Terra Sen Amos-Rosa Lemos
Na súa visita de Estado a Cuba, José Manuel García Margallo, ministro de Negocios Extranxeiros do governo Rajoy, solicitou o regreso urxente a Cuba dos 115 presos e dos seus 650 familiares invitados en 2010 a España por mediación do governo e do Vaticano. Na volta de catro anos, os exiliados ergueron un campamento de protesta ás portas do ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid para denunciaren o seu abandono por parte do governo Español e conseguir a repatriación.

O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada  dos mesmos que recomenda agora repatriar
O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada dos mesmos que recomenda agora repatriar

Seguir lendo Margallo pide a Habana repatriar presos cubanos levados a Madrid polo Vaticano e o governo español en 2010

René Vazquez Díaz critica a preferencia de Suecia por una disidencia cubana irrelevante e oportunista

Terra Sen Amos-Redacción-

“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco.  O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre  a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.

Versión sueca de "Un Amor que se nos va", novela de René Vázquez aparecida en 2008
Versión sueca de “Un Amor que se nos va”, novela de René Vázquez aparecida en 2008

Seguir lendo René Vazquez Díaz critica a preferencia de Suecia por una disidencia cubana irrelevante e oportunista

Estados Unidos teima en manter a Cuba na lista da trata de persoas

Granma-Terra Sen Amos

O governo de Estados Unidos teima en condenar a Cuba na pésima categoría (nível 3) da trata de persoas. O baremo anual do ministerio de Relacións Exteriores (State Department) valora en tres apartados os esforzos dos governos do mundo por combatiren a trata.  Para Cuba reserva a cualificación dos governos que ignoran de vez os dereitos das persoas. Seguir lendo Estados Unidos teima en manter a Cuba na lista da trata de persoas

A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

Valentín Alvite.

En datas recentes, a axencia norteamericana Associated Press deu noticia de o Goberno de EE UU financiar en Cuba a rede social Zunzuneo, unha especie de “twitter” destinado a crear unha situación similar á “Primavera árabe” para provocar un cambio político na Illa. A citada axencia informa de o Goberno estadounidense recoñecer a existencia dese proxecto, que tivo un custo de varios millóns de dólares.

Se a finalidade de Zunzuneo é difundir as bondades do sistema político de EE UU, existe un modo de logralo sen causar ningún gasto aos contribuíntes: invitar os cubanos a visitar a base norteamericana de Guantánamo. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Os visitantes poderían coñecer en detalle un modelo de estrito respecto aos dereitos humanos: nese recinto militar, desde 2001, centenares de presos sen acusación soportan as máis crueis torturas. Seguir lendo A rede Zunzuneo e as leccións de democracia