Arquivo da etiqueta: Humberto Sainz

Unha nova terapia cubana pode revolucionar o tratamento do cancro

Un fármaco anti-tumoral producido en laboratorios cubanos a partir de péptidos de orixe natural, podería ser en breve o mellor tratamento para o cancro de tecidos brandos. Síntese de catorce anos de investigación, a solución actúa en áreas do corpo humano que son imposibeis de tratar con cirurxía, quimioterapia ou outras terapias modernas.

O fármaco foi administrado a un rapaz que hai uns meses libraba unha batalla coa morte a causa dun cancro cerebral mas que non podía ser intervido a causa do alto risco da operación. Os médicos decidiron tratalo co antitumoral en avanzada fase de probas, e o resultado foi sobresainte. “O paciente comezou cunha gran lesión hidrocefálica e foi tratado só con solución de peptídico natural. En maio pasado, a lesión alcanzou o seu tamaño mínimo ” explicou a especialista en ensayos clínicos da empresa farmacéutica estatal Labiofam, Niudis Cruz Zamora. Seguir lendo Unha nova terapia cubana pode revolucionar o tratamento do cancro

Homenaxe dos amigos de Cuba a Mirta Rodríguez en Compostela

Terra Sen Amos/Compostela

Mirta Rodríguez Pérez, a nai de Antonio Guerrero, falou en Compostela dos Cinco Heroes Cubanos presos do Imperio. Mirta representa o sacrificio das familias dos patriotas privados de liberdade por defenderen o seu País e con 80 anos divulga por todo o mundo o valor e renuncia de René, Antonio, Gerardo, Fernando e Ramón que puxeran en perigo as súas vidas para prever e evitar os atentados dirixidos a Cuba dende o centro de Miami.

En Compostela, Mirta Rodríguez participou nunha palestra á beira de Alberto Betancourt Roa, asesor da Asociación de Economistas de Cuba e do Deputado Luis Morlote Rivas, presidente da Asociación Hermanos Saíz. Presentounos Xesús Veiga, presidente da Fundación “Galiza Sempre”. Seguir lendo Homenaxe dos amigos de Cuba a Mirta Rodríguez en Compostela