Arquivo da etiqueta: Irma

Cuba precisa da nosa solidariedade tralo paso do furacán Irma

Cuba, o país máis solidario do mundo, o que axudou a liberar pobos, o que chega primeiro ante desastres naturais, o que despraza brigadas médicas e de ensino, o que devolve a vista a millóns de persoas operándolle os ollos no seu propio país, o que alfabetiza persoas adultas por todo o mundo grazas ao seu método Yo si puedo, o que investiga para descubrir vacinas… Ese país, ese pobo, precisa hoxe da nosa axuda tralo paso do furacán Irma, que deixou un regueiro de destrución de infraestruturas e vivendas, especialmente na costa norte da illa. Cuba ten arestora carencia de maquinaria, ferramentas e materiais para a reconstrución.

Axuda ingresando a túa contribución na conta aberta pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

IBAN ES37 2080 0343 0930 4001 0605
Cuba bloqueada polos EUA, ten por diante un caro, complexo, e traballoso plano de reconstrucción, depois do Irma.

Irma en España

Xurxo Martiz Crespo – Sermos Galiza

Hai dous cadriños de Castelao que, de cando, en vez desembarcan na miña memoria: o do velorio da única vaca da familia labrega e o da familia burguesa chorando a morte do seu caniche Fifi. A imaxe de ambos os velorios, contrapostas, resúmoa coma aquelas viñetas que dicían «sen palabras»… tire vostede as súas conclusións. Este día á noite vía nas noticias as imaxes da poboación habaneira, despois do paso do furacán Irma, bailando nas rúas anegadas da Habana vieja. Un gordo e unha gorda, un travesti, outro gordo cun puro na boca, todos coa auga polo van, bailando, saudando, facendo acenos coa man para uniren outros  á pachanga.

Imaxe do Malecón da Habana tralo paso do Irma.

Seguir lendo Irma en España