Arquivo da etiqueta: José Miguel Gómez

Fidel Castro é o arquitecto da soberanía nacional de Cuba

Salim Lamrani, Al Mayadeen 30.03.15
(Traducido ao Galego pola redacción de TSA)

Salim Lamrani recorda neste artigo que o líder revolucionario realizou o soño de independencia do Apóstol e Heroe Nacional José Martí, e devolveu a dignidade ao pobo.

O triunfo da Revolución en Cuba, 1 de xaneiro de 1959, produciu a máis importante transformación social da historia de América Latina. Derrocando a orde establecida e as súas estruturas, Fidel Castro puxo en cuestión o poder da oligarquía batistiana e dos grupos económico e situou ao pobo no centro do novo proxecto de sociedade ao que consagrar os recursos nacionais.

A a independencia e a soberanía tan cobizadas polo pobo cubano dende o século XIX, foi a conquista sobranceira da Revolución cubana. Por este obxectivo entregara José Martí a súa vida en 1895. Dando remate a máis de 70 anos de dominio dos Estados Unidos sobre a Illa, Fidel Castro restituiu aos cubanos a súa dignidade furtada pola intervención estadounidense na guerra de independencia de Cuba en 1898 e a ocupación militar que transformara á Illa nun simple protectorado. Non se trabucaba o presidente John F. Kennedy: “Fidel Castro forma parte do legado de Bolívar. Deberiamos dar ao afoutado mozo rebelde unha benvida máis intensa na súa hora de triunfo”[1].

fcr Seguir lendo Fidel Castro é o arquitecto da soberanía nacional de Cuba

BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOS

José Manzaneda – Cubainformación.

O plano de alfabetización de Bolivia, realizado en 30 meses mediante un acordo entre Bolivia Cuba e Venezuela, e dotado con 20 millóns de dólares, conseguiu para Bolivia da UNESCO a cualificación de “libre de analfabetismo”. Os resultados da alianza do Alba empequenecen os da cooperación de Suecia, España, Holanda, Finlandia e Bélxica, que entre 2002 e 2009, cun investimento de 11 millóns de dólares en diferentes proxectos, apenas deu alfabetizado 120 mil persoas.

Os amplos espazos que os grandes medios reservan para a cooperación en países empobrecidos, por parte de governos ricos, empresas e particulares de países do Norte, non se corresponden cos ruins resultados acadados. A suma de todas as cantidades donadas segue a estar ben lonxe do compromiso dos países ricos –refrendado en 1970 en Nacións Unidas- de aportar o 0,7 % do seu PIB á cooperación internacional. Nos últimos anos, as cantidades da cooperación reducíronse radicalmente: só en 2011, EEUU recortóu un 31%, Alemania un 47%, Canadá un 50% e España un 65%. Seguir lendo BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOS