Arquivo da etiqueta: Ley de Ajuste

Cuba derrota a LEY DE AJUSTE que aguilloóu durante 51 anos a emigración de cubanos aos EUA

Terra Sen Amos- Redacción

Cuba consigue unha nova victoria política de grande alcance ao forzar a renúncia dos Estados Unidos á Ley de Ajuste, eixo da guerra imperial contra a independéncia da illa e arma propagandística de enorme resonáncia contra a Revolución, ao proclamar que o desexo principal da cubanía era emigrar ao paradiso capitalista. A
Ley de Ajuste Cubano premiaba dende 1966 a entrada ilegal de nacionais cubanos en territorio dos EUA no entanto recusaba militarmente o acceso de nacionais americanos non estadounidenses. Cuba levaba décadas denunciando nas instáncias internacionais e nos medios esta diferenza de trato dirixida coma unha bomba contra a súa soberania mentres os governos do norte lavaban as mans a conta da traxédia emigrante sen mencionar o engado estadounidense que a provocaba. Donald Trump serviu a Obama, nos seus derradeiros dias de presidente, a coartada precisa para acabar coa infámia da Ley de Ajuste Cubano ao termar o recén eleito presidente na construcción dun muro contra México, aliado preferente dos EUA.

Cubanos e estadounidenses celebraron nas últimas horas o fin da Ley de Ajuste perante a embaixada da illa en Washington. O éxito do acordo débese en primeiro lugar a prudéncia e intelixéncia do Governo de Cuba e ao labor da capaz equipa da Embaixada.

Cubanos e estadounidenses celebraron nas últimas horas o fin da Ley de Ajuste perante a embaixada da illa en Washington. O éxito do acordo débese en primeiro lugar a prudéncia e intelixéncia do Governo de Cuba e ao labor da capaz equipa da Embaixada.

Seguir lendo Cuba derrota a LEY DE AJUSTE que aguilloóu durante 51 anos a emigración de cubanos aos EUA