Arquivo da etiqueta: Luis Posada Carriles

AZNAR ACEPTA A HOMENAXE DOS SEUS SOCIOS NA MAFIA DE MIAMI

Jean Guy Allard –  Granma

Dez anos despois da campaña terrorista de 1997 contra instalacións turísticas da Habana, promovida por Luis Posada Carriles, e na hora en que o congreso de Washington trata da actividade deste connotado asasino, é preciso facer memoria da amizade fonda e sentida do que foi presidente do Governo español, José María Aznar, cos que patrocinaban o terrorista dende Miami.

O ex presidente do Consello español, hoxe patrón da falanxista Fundación Española para a Análise e os Estudios Sociais (FAES), recibiu en novembro de 1995 decenas de miles de dólares de mans de José Antonio “Toñín” Llamas, entón membro do Comité Executivo da Fundación Nacional Cubano-americana (FNCA) e do seu comité paramilitar, para a súa campaña presidencial.

Na famosa a foto, tomada durante a súa viaxe a Miami, Aznar campa á beira das súas novas e millonarias amizades: o xa falecido Jorge Más Canosa, entón xefe vitalicio da FNCA, e o propio Llamas.

Amais de participar na organización de actividades terroristas, Toñin Llamas era entón o home de confianza do presidente Aznar para o desenvolvemento das relacións da FNCA con España.

O terrorista de Miami foi quen organizou en Madrid a creación da chamada Fundación Hispano-Cubana, unha sucursal da FNCA da cal será secretario xeral Guillermo Gortázar Echeverría, membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.

Vaise sumar deseguida a esta partida, Carlos Alberto Montaner, terrorista prófugo da xustiza cubana, radicado en Madrid dende os anos 70.

Sábese agora que uns meses antes desa visita de Aznar á Florida, nunha reunión secreta celebrada na cidade floridana de Naples, os directivos da FNCA que xa apoiaban, orientaban e financiaban operacións terroristas de varios grupúsculos, incluíndo o Alpha 66, resolveron organizar cos seus propios medios atentados contra Cuba.

O propio “Toñín” Lapa revelouno todo en xuño do 2006. Aqueloutrado de rabias, confesou ao “Miami Herald” coma os seus socios metéronno nun empréstito millonario para a compra de armas, para despois abandonalo na más completa ruina.

Hai “detalles” da viaxe de Aznar a Miami en 1995 que ilustran a extensión dos seus lazos cos líderes da organización creada por Mas Canosa, un axente CIA adestrado en Fort Benning ao lado de Pousada, socio do director da CIA William Casey e de Teodore Shackley (director de operacións especiais da CIA da mega-estación JM/WAVE de Miami).

Por suposto, o ex-presidente español non ignoraba que este creador de Radio e TV Martí e promotor da lei Torricelli e, a seguir, da Helms-Burton, beneficiárase de sustanciosos negocios e prebendas baixo os réximes de Reagan, Bush e mesmo de Clinton… e que se lle acusara non poucas veces na prensa de narcotráfico, contrabando de armas, eliminación de adversarios e tráfico de influencias.

Tiña que saber que ao seu novo socio de Miami se lle responsabilizaba de encargar atentados contra o Presidente de Cuba, dende territorio español, na propia Madrid, cando se pensou que viaxaría á toma de posesión de Felipe González en 1982 e logo en 1987, nunha viaxe que fixo a Galicia.

Ese 24 de novembro de 1995, os capos da FNCA organízanlle unha cea de conselleiros en Coral Gables, á que asisten, amais do “Toñin”, o presidente Jorge Mas Canosa, o seu fillo Jorge “Baby” Mas Santos, es os homes de plena confianza de Mas Canosa, Jose “Pepe” Hernández, Alberto Hernández Sarduy, Horacio “Gordito” García e Feliciano Foyo… todos eles relacionados co comité paramilitar.

Tan intima é a relación entre os mafiosos de Miami e o ex-presidente español que se organiza unha escapada de Aznar por Salvador e Costa Rica, no avión privado de Mas Canosa. O acompañante de Aznar foi Mas Santos.

Está agora ben documentado que Posada, financiado pola FNCA, radicaba daquela en El Salvador e viaxa a Costa Rica, urdindo os varios complots que intentará desenvolver nos meses e anos seguintes.

Acontece que a Fundación acababa de dirixir un intento de asasinato durante a participación de Fidel Castro na V Cumio Iberoamericano en San Carlos de Bariloche (Arxentina) os días 16 e 17 de outubro.

Participaban neste complot Gaspar Jiménez Escobedo, directivo da FNCA, e Eugenio Llameras, ambos os dous grandes socios de Posada.

Foi neses mesmos días de novembro de 1995, cando Aznar abraza aos capos da FNCA para garantir o financiamento da súa campaña, que se reactivou publicamente o nexo político entre a FNCA e o terrorista Orlando Bosch Avila e que se confirman abertamente os seus lazos con Posada Carriles.

Roberto Martín Pérez, outra eminencia da cúpula da Fundación, con traxectoria de esbirro batistiano, apadrinou en Miami unha exposición de cadros de Bosch e Posada, os autores intelectuais da sabotaxe contra o avión de Cubana de Aviación, en 1976, no que morreron 73 persoas.

En marzo dese mesmo ano de 1995, as autoridades cubanas detiveran na Habana dous individuos de orixe cubana residentes en Miami, Santos Armando Martínez Rueda e José Enrique Ramírez Oro, por colocar unha carga de 1,38 Qg de explosivos C-4 nun hotel de Varadero.

Ambos os dous declararan recibir instrucións de Guillermo Novo Sampoll, un directivo da FNCA que identificaron como “Mister Bill”, e doutro connotado terrorista e importante executivo da FNCA, Arnaldo Monzón Plasencia que foi o primeiro financista da campaña de atentados da Habana levada a cabo por Posada dous anos máis tarde.

Exactamente seis meses despois do encontro de Miami, Aznar xa ocupa a presidencia do goberno de España e, despois da primeira visita á Casa Blanca, nomea o 25 de maio de 1996 un novo embaixador en Cuba, o indesexabel José Cordech, que Cuba pronto recusará. O 10 de novembro, no Cumio iberoamericano de Chile, a xogada está clara: no sucesivo, o xefe do PP alíñase pública e ruidosamente coa Miami mafiosa.

En 1997, prodúcese a cadea de atentados nas instalacións turísticas de La Habana que provocan a morte do mozo italiano Fabio di Celmo, varios feridos así como considerabeis danos materiais. A FNCA, cínicamente, nunha declaración publicada en El Novo Herald, dá o seu apoio aos actos de terrorismo que ela mesma organizara.

En Isla Margarita, Venezuela, na celebración do VII Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno, Posada organiza outro plan para asasinar ao Presidente cubano co apoio directo de Monzón Plasencia.

En novembro do 2000, Posada foi arrestado con varios cómplices de Miami mentres intenta provocar a explosión de varios quilos de C-4 no anfiteatro universitario da capital panameña onde debe falar o Presidente cubano ante miles de persoas, á marxe do X Cumio Iberoamericano.

Ao rematar este mesmo evento, Aznar busca unha condena de ETA, coa axuda do mandatario salvadoreño Francisco Flores, mentres se negan a denunciar o terrorismo desenvolvido pola Fundación Nacional Cubano-Americana (FNCA).

¿Ignoraban o fillo do estratega militar da propaganda franquista e acaso non sabían os seus servizos de intelixencia que este mesmo intento de asasinato de Panamá que acababa de desmantelarse, fora precedido por viaxes dos seus socios “Pepe” Hernández e Alberto Hernández Sarduy ao Salvador, na primeira quincena de agosto, para convir con Posada cada detalle do magnicidio?

¿Como poderían non advertir que un dos cómplices de Posada naquela conspiracion terrorista de Panamá era Guillermo Novo Sampoll, executivo desa mesma FNCA que o patrocinara? ¿E que o seu socio Flores, copatrocinador da hipócrita resolución contra o terrorismo, encabezaba o grupo político salvadoreño que lle dera cobertura ao terrorista e aos seus cómplices?

Tan apurado en compracer a Mas Canosa estaba Aznar que amañou a venda de Sintel -a xoia do Grupo Telefónica- á empresa norteamericana MasTec International, propiedade do Xefe da FNCA. A operación concretouse o 1 de abril de 1996, en pleno período electoral, co Parlamento disolto, aproveitando a compracencia de funcionarios oportunistas. A venda fíxose contra 490 millóns de dólares (que nunca se pagaron), a pesar de que o Goberno socialista acababa de inxectar 300 millóns na empresa. Mais Canosa faleceu o 23 de novembro de 1997.

En 1998, baixo o réxime Aznar, Mas Santos, herdeiro do seu pai, liquidou fraudulentamente a Sintel mediante unha serie de manobras financeiras e baixo a cobertura de sociedades internacionais en paraísos fiscais e bancos de Luxemburgo, Haití, Islas Vírgenes, México, Puerto Rico, Suíza e Estados Unidos.

A Xustiza española ainda non requeriu a Aznar para que explique esta xigantesca estafa MasTec-Sintel que fixo aínda máis ricos aos seus amigos de Miami e arruinou definitivamente varios miles de traballadores do que era unha próspera empresa estatal española. Os 1700 prexudicados pola venda delituosa da Sintel seguen loitando para que os tribunais xulguen os culpables.

No 2001, Aznar, coa complicidade do seu entón ministro Josep Piqué, invitaron a Miami aos Reis de España, aos que reuniu, na mansión de Vizcaya, co “Baby” Mas Santos, “Pepe” Hernández e o propio “Toñin” Lapas.

El Duende de Radio Miami ven de anunciar que os socios miamenses de Aznar están a organizarlle unha cea a 100 dólares por cuberto que terá lugar fins de decembro no hotel Biltmore, de Coral Gables. Hai apenas tres semanas, o ex-presidente español atopábase xa en Miami onde se reunía cos seus compañeiros no salón principal da chamada Torre da Liberdade. Todo confirma que se sente a gusto nas estancias desta cova da dereita fascista continental.

Fonte: http://www.granma.cu/espanol/2007/noviembre/mier14/aznar-FNCA-posada-vinculos-aun-por-investigar.html