Arquivo da etiqueta: Melinda López

Representada en Cuba unha peza teatral norteamericana sobre a “Operación Peter Pan”

Frank Soutullo – Jacksonville

A representación de Sonia se fue, peza dramática sobre a infame Operación Peter Pan que inducira o exilio de 14.000 cativos cubanos e fora organizada pola CIA e a Igrexa Católica, foi a luzada do XVII Festival Nacional de Teatro, en Camaguey. A obra é de Melinda López, filla de exilados cubanos nos EUA, dramaturga de moda en Nova Inglaterra, autora residente do Huntington Theatre de Boston e citada por Barack Obama no seu histórico discurso da Habana polo que ten de exemplo da sinerxia cultural entre as dúas beiras do Estreito da Florida. O drama de López volve sobre o que Fidel chamara unha das agresión morais máis noxentas praticadas contra Cuba. As louvanzas a Sonia se fue, en Cuba e en varias capitais de EUA, contrasta coa censura da obra na Florida de Marco Rubio onde o recordo da Operación Peter Pan é ainda coto vedado.

Cartaz da obra de Melinda López no XVII Festival Nacional de Teatro, en Camaguey

Seguir lendo Representada en Cuba unha peza teatral norteamericana sobre a “Operación Peter Pan”