Arquivo da etiqueta: Neira Vilas

De Martí a Neira Vilas: memorias das dúas beiras

Xurxo Martínez González – Faro de Vigo, no suplemento Faro da Cultura

O amigo Luis Rei, morto en hora nunca acabada de maldicer, falaba de dous Cabanillas: un era a imaxe máis coñecida do poeta, con boina do país e o rostro marcado como regos da terra; mais esta era a excepción, porque a imaxe real máis habitual era a do Cabanillas con borsalino ou trilby, chapeu de Sir. A anécdota veu a min cando pensei no Xosé Neira Vilas. Van tres outonos desque marchou de entre nós. Moitos lembrarán un patrucio sostido sobre caxato, con lentes que facian dos seus ollos, rostros dos óleos de Díaz Pardo (amigo sempre) e un sorriso xuvenil. Velaí, entón, a face máis divulgada que coincide coa percepción do escritor pai do Balbino, o autor de relatos de vida agraria e saudades da emigración. Esta é a obra máis propagada nas escolas. Estes libros son os máis frecuentes nas bibliotecas.

Neira e Anisia na capa do libro derradeiro do de Gres.

Seguir lendo De Martí a Neira Vilas: memorias das dúas beiras

Iroel Sánchez e Ernesto Padrón recordan ao Galego-Cubano Neira Vilas

Terra Sen Amos – Redacción

Na portada de La Pupila Insomne, o periódico dixital cubano máis visitado, o seu director Iroel Sánchez lembra o  encontro con Neira Vilas en Compostela e reproduce un artigo do cineasta Ernesto Padrón, escrito en memoria de Neira, co que coincidira na redacción da revista ZunZún na Habana. Escrebe Iroel Sánchez:

“Novembro pasado, día 27, morreu Xosé Neira Vilas, gran escritor Galego-Cubano e nobre persoa a quen tiven a honra de coñecer. Lémbroo aínda no noso derradeiro encontro, nun serán no que arrostrara un tempo ruín para vir dende a súa vila a Santiago de Compostela, á presentación do meu libro Sospechas y Disidencias. Lendo un texto da xornalista Paquita Armas Fonseca sobre as propostas para os Premios Goya da película Meñique, na que participara Neira, atopei un valioso testemuño sobre o escritor. Coido que tanto o seu falecemento, como a proposta de Meñique para os Goya, non han ter a transcendencia merecida na nosa prensa. “Quero con este texto render unha modesta homenaxe a Pepe Neira, falecido recientemente, e implicado en Meñique, di Paquita Armas, antes de citar en extenso a Ernesto Padrón, director de Meñique, a quen coñecín e de quen moito aprendín cando traballei na Editora Abril, onde el dirixía a revista ZunZún.
Reproduzo as palabras de Ernesto sobre Neira e Meñique, nesta homenaxe a que nos sumamos dende La Pupila Insomne. Máis abaixo cito as doce propostas de Meñique aos Premios Goya.

Neira Vilas entre José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e a Cónsul Laura Urra, durante a presentación do libro de Iroel Sánchez, Sospechas y Disidencias en Compostela.
Neira Vilas entre José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e a Cónsul Laura Urra, durante a presentación do libro de Iroel Sánchez, Sospechas y Disidencias en Compostela.

Seguir lendo Iroel Sánchez e Ernesto Padrón recordan ao Galego-Cubano Neira Vilas

Neira Vilas léganos o seu tesouro documental da amizade Galego-Cubana

Terra Sen Amos- Redacción

De Xosé Neira Vila quédanos a súa amizade de lei e ao cabo dunha dilatada vida de traballo en Cuba, Galiza e Bos Aires, a fundación da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, e o extenso e invaluábel arquivo da relación solidária de clase entre Galiza e Cuba. Neira consagrou a parte principal do seu traballo de historiador a reconstruir a emigración galega en Cuba e para ela estableceeu a denominación de Galego-Cubana. Neste apelativo, que xa forma parte do noso idioma, resume unha diáspora de activo compromiso emigrante coa terra perdida e coa independencia de Cuba, como foi o caso de Francisco Villamil, un coronel mambí da ría de Ribadeo que entregou facenda e vida por Cuba na guerra de independéncia de 1985-1898. No ano 1984, Neira promoveu a Asociacion de Amizade Galego-Cubana e deulle nome de “Francisco Villamil”. A Asociación, de ámbito galego, celebrou o 30 aniversario fins de 2014 coa participación de Neira Vilas.

Neira Vilas felicitado por amigas e amigos da "Francisco Villamil ao recibir a Medalla Alejo Carpentier, outorgada polo Consello de Estado de Cuba en 2011 en Compostela.
Neira Vilas felicitado por amigas e amigos da “Francisco Villamil” ao recibir a Medalla Alejo Carpentier,, outorgada polo Consello de Estado de Cuba en 2011 en Compostela.

Seguir lendo Neira Vilas léganos o seu tesouro documental da amizade Galego-Cubana