Arquivo da etiqueta: presos de conciencia

A experiencia revolucionaria de Fabián Escalante

O que nos Estados Unidos e na Unión Europea chaman “presos de conciencia” son, en realidade, contrarrevolucionarios que cobran un salario para actuaren contra Cuba, dixo en Xixón Fabián Escalante. Xeneral do Exército de Cuba e ex-responsábel da seguridade do Líder da Revolución. Escalante negou perante a prensa que informa sobre a XXIII Semana Negra de Xixón, o cualificativo de “disidencia”, entregado con tanta largueza polos medios aos contra-revolucionarios “A famosa disidencia non supera o centenar de persoas: non me parece que a iso se lle poida chamar disidencia”.

Cando triunfou a Revolución, en Cuba, Escalante, de 18 anos e militante das Xuventudes Socialistas, estaba na cadea; dous anos despois, en 1961, xa formaba parte do servizo de seguridade da Presidencia dende o que daría evitado 636 intentos de asasinato argallados contra o comandante Fidel Castro entre 1961 e 1963. Seguir lendo A experiencia revolucionaria de Fabián Escalante