Arquivo da etiqueta: René Negrín

De Martí a Neira Vilas: memorias das dúas beiras

Xurxo Martínez González – Faro de Vigo, no suplemento Faro da Cultura

O amigo Luis Rei, morto en hora nunca acabada de maldicer, falaba de dous Cabanillas: un era a imaxe máis coñecida do poeta, con boina do país e o rostro marcado como regos da terra; mais esta era a excepción, porque a imaxe real máis habitual era a do Cabanillas con borsalino ou trilby, chapeu de Sir. A anécdota veu a min cando pensei no Xosé Neira Vilas. Van tres outonos desque marchou de entre nós. Moitos lembrarán un patrucio sostido sobre caxato, con lentes que facian dos seus ollos, rostros dos óleos de Díaz Pardo (amigo sempre) e un sorriso xuvenil. Velaí, entón, a face máis divulgada que coincide coa percepción do escritor pai do Balbino, o autor de relatos de vida agraria e saudades da emigración. Esta é a obra máis propagada nas escolas. Estes libros son os máis frecuentes nas bibliotecas.

Neira e Anisia na capa do libro derradeiro do de Gres.

Seguir lendo De Martí a Neira Vilas: memorias das dúas beiras

CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO

MERCHI SANTIAGO – TSA

Sábado 1 de febreiro, amigas e amigos e Cuba, honraron a memoria de José Martí con flores, música e verbas de recordo e honra do Heroe Nacional de Cuba no seu cento sesenta e un aniversario. A convocatoria foi da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, diante da estatua de Martí en Vigo, obra do escultor cubano René Negrín, donada ao Concello pola Asociación en 1989.

En representación da “Francisco Villamil”, o presidente da Directiva, Valentín Alvite, realizou unha breve semblanza do líder do movemento independentista cubano na época colonial. Así mesmo, aludiu á súa enorme relevancia como iniciador do Modernismo, como xornalista e como pedagogo. Concluíu sinalando a coherencia que sempre mostrou entre as palabras e os actos, coherencia que el mesmo sintetizaba no seu lema “Facer é a mellor maneira de dicir”.

Seguir lendo CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO

O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

A solidariedade con Cuba rendéu en Vigo homenaxe a José Martí, no cento sesenta aniversario do seu nacemento.

A xuntanza celebrouse ao pé da estatua do Apóstol da independencia de Cuba, obra do escultor cubano René Negrín, nos xardíns de Uxío Montero Ríos.

Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” dixo que forza do pensamento liberador de Martí cobraba trascendencia especial nun pais como Galiza, solidario e partícipe na loita de Cuba pola independenza, a paz e a xustiza. Seguir lendo O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo

A ofrenda a José Martí no 159 aniversario do seu nacimento, foi tamén unha homenaxe aos Cinco Herois Cubanos encarcerados nos Estados Unidos.

Alejandro Fuentes, Cónsul Xeral de Cuba, situou aos Cinco nun lugar especial da longa batalla de Cuba pola independencia e a soberanía, da que Martí é síntese e modelo. O Cónsul adicou un recordo de admiración e respeto para os 5 presos políticos cubanos encerrados en cadeas norteamericanas.

A homenaxe a Martí fora organizada pola “Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, perante a estatua de José Martí nos xardíns de Montero Rios de Vigo, e comezou coa intervención do presidente da Asociación, Valentín Alvite Gándara, quen recordou que o mérito principal do poeta e escritor, fora o seu protagonismo político na historia de Cuba así como a súa exemplar coerencia entre discurso e conduta. Seguir lendo Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo