“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco. O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.
Versión sueca de “Un Amor que se nos va”, novela de René Vázquez aparecida en 2008
Os insultos dirixidos contra Los Juanes por anunciar un concerto en Cuba moven cuestións de principio que é bo esclarecer. Todos os esforzos que se fagan para promover a paz teñen un só gañador: os cubanos da pé a ambos os dous lados do Estreito da Florida. A Cuba impúxoselle unha guerra de agresión económica e financeira que xa dura medio século. É hipócrita, a estas alturas, aducir que “Cuba é unha ditadura” para xustificar esa agresión. Non existe guerra comercial nin financeira contra China nin Vietnam, países con sistemas similares ao cubano. Tampouco se bloquea a Exipto ou Arabia Saudí, verdadeiras satrapías sen dereitos humanos. Unha superficial investigación das relacións con China dos empresarios cubano americanos, daría como resultado que Miami adora o comunismo. O seu país de adopción é considerablemente dependente do Partido Comunista de China. Seguir lendo Un texto de René Vázquez Díaz→