Arquivo da etiqueta: Revolución Cubana

O armistício das FARC reafirma a vocación de paz e xustiza de Cuba

Patricio Montesinos – Cubadebate

A firma na Habana, 24 de agosto, do acordo para pór termo ao delongado conflito colombiano, reafirma a recoñecida vocación de paz, solidariedade e xustiza de Cuba, que cumpre, coa modestia e humildade que a caracterizan, co povo de Colombia. Só do diálogo pode vir o fin da disputa e o retorno da convivéncia. Próbao máis unha vez a Revolución Cubana, nun mundo embafado en guerras e ameazado polo estoupido dunha eventual e moi perigosa conflagración internacional.

O acordo de paz chegou logo de catro anos de afervoadas e complexas negociacións na Habana entre representantes do governo de Colombia e delegados das FARC-EP.
O acordo de paz chegou logo de catro anos de afervoadas e complexas negociacións na Habana entre representantes do governo de Colombia e delegados das FARC-EP.

Seguir lendo O armistício das FARC reafirma a vocación de paz e xustiza de Cuba

“Fidel leva o ideal comunista europeo a realidade de América Latina” (Martínez Heredia)

Fernando Martínez Heredia – Cubadebate

(Síntese da aportación de Fernando Martínez Heredia á palestra de Telesur: “Vida e loitas de Fidel Castro”,  trasmitida na quinta, 11 de agosto de 2016)

Aporte maior de Fidel a América Latina é a Revolución Cubana: feixe de ideias, feitos, experiencia práctica, demostración e exemplo. A Revolución Cubana puxo en cuestión e resolveu asuntos fundamentais: as relacións entre a liberación nacional e as loitas pola xustiza social e de clases; deulles solución mediante a forxa dun socialismo latinoamericano. Fidel foi mestre dunha arte arrevesada: a da política revolucionária. O concepto de povo permitiulle convocar aos humildes á actuación revolucionária e darlle unha verdadeira solución socialista á comprensión do sistema de dominación. Atopou e puxo en práctica a estratexia acertada para a loita revolucionaria: as armas, as masas, a conquista do poder. Coa Revolución cubana e coas súas ideas, Fidel leva o ideal comunista europeo a realidade de América Latina, e pon o marxismo no español de América”.

"Fidel veu coa súa revolución, as súas ideas e o seu exemplo, e comezou unha nova época histórica no continente".
“Fidel veu coa súa revolución, as súas ideas e o seu exemplo, e comezou unha nova época histórica no continente”.

Seguir lendo “Fidel leva o ideal comunista europeo a realidade de América Latina” (Martínez Heredia)

Debaten o desafío dunha “Cuba Post-Bloqueo” mentres EUA mantén o cerco

Belarmino Vázquez-Terra Sen Amos
Algúns apurados enterradores do bloqueo de EUA contra Cuba, levan a súa impaciencia a culpar a Revolución de falla de decisión e de tentación autárquica, logo de pretenderen que EUA agasallounos cun novo trato por cordiallidade democrática. Por exemplo “A Cuba post-bloqueo: nostalxia ou esperanza”, do suplemento “A Fondo” de Sermos Galiza de 12.03.15, trata a situación de Cuba depois de EUA propor o restablecimento de embaixadas. O argumento inicial ou proposta editorial do monográfico, que leva o lema “en profundidade” é que Cuba precisa “repensar o modelo” e “innovar para subsistir”, un desafío que Xulio Rios, autor do texto, chama “difícil tesitura para a supervivencia” con recomendacións que non deixan espazo para a dúbida: “buscar a eficiencia e a asunción social de responsabilidades poñendo fin ao paternalismo” ou “asumir a necesidade de experimentar fórmulas que permitan avanzar cos tempos”. A mundialmente recoñecida orixinalidade dunha Cuba pobre e sitiada, a súa capacidade para manter independenza (o Goberno Revolucionario conserva intocada a dirección do Estado e da economía dende 1959) e o seu manifesto éxito diplomático fronte un adversario armado, rico e decidido a acabar a illa por fame, son recoñecidas nun breve consello a “non perder de vista o valor das experiencias propias”,  mentres encarécenlle aprender “dos procesos de transformación doutras economías planificadas”. Tratamos de identificar as oportunidades presuntamente ofrecidas a Cuba no tempo actual: por exemplo a citada “afirmación dunha orde multipolar” configuradora “da emerxencia de novos actores que poxan polo recoñecemento da diversidade”. Se por acaso refírese á defensa da independencia da RBV, por exemplo, o dereito a se gobernar en Democracia élle negado por EUA, con claro desprezo a 19 consultas, e apenas ten menos importancia a presión imperial sobre a República Arxentina e o Brasil, paises ricos en recursos e nada a ver con Cuba á que “A Fondo” recomenda “habilidade e atrevemento a todos os níveis”. A proposta de “transcender o numantinismo” (sic) suxire unha Cuba voltada para a autarquía para se defender do fin do bloqueo, á que chaman “tentación de odisea autárquica”, cando é máis certa a permanencia concreta do bloqueo, como proba a execución en 13.03.15 dunha sanción ilegal de EUA  de 1.710 millones de dólares ao Comerzbank alemán por “violación das sancións sobre transacciones con Cuba e outros países tamén bloqueados. É argumento da Prensa conservadora española (un sistema de información reaccionario e sen crítica de difusión semellante) que a teimosa Cuba socialista ven de recibir unha lección de apertura da democrática EUA, cando a realidade é plenamente inversa: Cuba con infinitamente menos medios ca o Imperio, defendeu a súa independencia con graza, intelixencia e valor. Tal descreben, por exemplo Nelson Mandela, Salim Lamrani, Ángela Diez, Helen Yaffe, Steve  Ludlam, Itsván Meszaros, Ignacio Ramonet, Fernando Martínez Heredia, Don Fitz ou Piero Gleijeses entre outros, que suman o seu criterio ao da maioría da Asemblea da ONU. Autores, personalidades e institucións que ponderan a inventiva, habilidade diplomática e valentía de Cuba e do seu pobo para non seren colonizados e salvar o seu proxecto de goberno soberano en paz e igualdade.

BLOK

A “Francisco Villamil” celebra en Compostela o LXI aniversario do Asalto ao Moncada

Texto e fotos Merchi Santiago

Sábado  26, coincidindo co 61 Aniversario do Asalto ó Cuartel Moncada, tamén chamado Día da Rebeldía, a Asociación de Amizade galego-cubana “Francisco Villamil”, conxuntamente co  Consulado de Cuba en Galicia, celebrou unha festa comemorativa en Santiago de Compostela. Valentín Alvite, Presidente da Asociación, falou do significado desta data para a solidariedade internacional con Cuba. Canda él estaban Laura Urra, cónsul segunda, e Pedro Trigo, heroe do Moncada e membro do Movimiento 26 de Julio.

P1020432
A cónsul Laura Urra, Pedro Trigo e Valentín Alvite, no acto celebrado en Compostela.
P1020436
Un momento da celebración en Santiago do LXI Aniversario.

Seguir lendo A “Francisco Villamil” celebra en Compostela o LXI aniversario do Asalto ao Moncada

”Cuba erguéu na abolición da escravitude e tivo o privilexio de combatir e construir á beira das nacións africanas”, dixo Raúl na homenaxe a Mandela

Terra Sen Amos.

Cinco paises comprometidos na desaparición do Apartheid foron invitados polo governo de Pretoria a interviren na homenaxe internacional a Nelson Mandela. Cuba foi distinguida co lugar de honra do derradeiro orador. No protocolo de invitados, Sudáfrica reservou a Cuba o lugar preferente, razón pola que Obama, invitado por razón de Estado, estaba na obriga de saudalo antes dos demais.

As empresas de información do Estado español ao censuraren esta pública distinción da República de Sudáfrica con Cuba, deixaron ao seu público leitor sen un dado relevante do programa de Joanesburgo. A irmandade de ideas entre e Revolución Cubana e a Sudáfrica do CNA, foi o centro do discurso de Raul Castro.

Para Raúl, Mandela é “o símbolo supremo de dignidade e de consagración inclaudicabel á loita revolucionaria pola liberdade e a xustiza; coma un profeta da unidade, a reconciliación e a paz”. Seguir lendo ”Cuba erguéu na abolición da escravitude e tivo o privilexio de combatir e construir á beira das nacións africanas”, dixo Raúl na homenaxe a Mandela