Arquivo da etiqueta: Salim Lamrani

Só Estados Unidos e Israel votan na ONU por manter o bloqueo de Cuba

A Asemblea da ONU condenou por 186 votos o bloqueo dos Estados Unidos contra Cuba. A prol da intervención contra a illa en desafío da Lei internacional, só o voto de Israel acompañou ao do governo que aplica a ilegal medida dende hai máis de 50 anos.

Dous votos contra todo o mundo. O foro por excelencia das Nacións Unidas, aprobou unha resolución titulada “Necesidade de rematar o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos contra Cuba”, na que recorda os compromisos dos asinantes da Carta de San Francisco en defensa da igualdade soberana dos Estados e a non inxerencia entre nacións.

Bruno Rodríguez Parrilla, ministro cubano de Estado, dixo que o dano económico ocasionado ao povo cubano co bloqueo xa se aproxima ao billón de dólares. “O que o governo dos Estados Unidos quere mudar, non vai mudar: o governo de Cuba será o governo do povo, polo povo e para o povo”, dixo o ministro. Seguir lendo Só Estados Unidos e Israel votan na ONU por manter o bloqueo de Cuba

A diplomacia estadounidense e a disidencia cubana

O especialista francés no acoso euroestadounidense a Cuba, Salim Lamrani, explica neste artigo en dúas partes a historia da política de agresión á Revolución e ao goberno de Cuba, desenvolvida por todas as administracións do réxime dos Estados Unidos dende 1959, fomentando de maneira artificial a disidencia e a oposición internas en Cuba.

Salim Lamrani

Introdución

Dende hai medio século, a política exterior de Washington cara a La Habana, o obxectivo da cal é conseguir un cambio de réxime, baséase en dous piares fundamentais: a imposición de sancións económicas drásticas -que afectan a todos os sectores da sociedade cubana- e a organización e financiamento dunha oposición interna. Seguir lendo A diplomacia estadounidense e a disidencia cubana

Cuba e a retórica dos dereitos humanos

O profesor Salim Lamrani analiza a campaña contra Cuba.

O especialista francés nas relacións entre Cuba e os Estados Unidos de América Salim Lamrani, desvela neste artigo en dúas partes a doble moral dos países occidentais ao tratar o tema dos dereitos humanos, en concreto no caso de Cuba, revelando como os devanditos estados teñen casos de violacións deses dereitos tanto ou máis graves que os que lle imputan a aquel país. Tamén comenta o autor que os medios de comunicación son cómplices desta campaña, ao destacar de forma desproporcionada como noticia asuntos que de sucederen en calquera outro país nin se mencionarían, coa única intención de estigmatizar e condenar a Cuba. Seguir lendo Cuba e a retórica dos dereitos humanos