Arquivo da etiqueta: Semana sobre Manipulación Mediática e Dereito a Información

“O imperialismo utiliza a diario a manipulación e só as veces e agresión militar”, Francisco Sierra

Terra Sen Amos – Redacción

Francisco Sierra Caballero, catedrático de Información en Sevilla, falou xoves 30, dentro Semana sobre Manipulación Mediática e Dereito a Información organizada pola Asociación Galego-Bolvariana Hugo Chávez (AGABO) e a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, e denunciou as formas de alterar a información, nomeadamente en Venezuela e a utilización da palabra réxime nun contexto achegado a nós. Tamén das imaxes da 1ª Guerra do Golfo e outras despois do 11S, descontextualizadas, asi como a repetición de mentiras que rematan por semellar verdade. As denuncias de manipulación reapareceron no debate a seguir a súa intervención, tanto coma as interrogantes e dúbidas sobre a cualidade real da democracia. “O imperialismo utiliza diversas agresións. A militar é só ás veces, mais o control das grandes corporacións sobre a prensa é practicamente total”. Serra foi presentado por Moncho Fernandez Leal, expresidente da Francisco Villamil que tamén moderou o debate.

Imaxe do debate con Francisco Sierra no Reitorado. (foto de Alberto López)

Seguir lendo “O imperialismo utiliza a diario a manipulación e só as veces e agresión militar”, Francisco Sierra