Arquivo da etiqueta: The Real Terror Network

Un texto de René Vázquez Díaz

René Vázquez Díaz – Traducido de Rebelión

Os insultos dirixidos contra Los Juanes por anunciar un concerto en Cuba moven cuestións de principio que é bo esclarecer. Todos os esforzos que se fagan para promover a paz teñen un só gañador: os cubanos da pé a ambos os dous lados do Estreito da Florida. A Cuba impúxoselle unha guerra de agresión económica e financeira que xa dura medio século. É hipócrita, a estas alturas, aducir que “Cuba é unha ditadura” para xustificar esa agresión. Non existe guerra comercial nin financeira contra China nin Vietnam, países con sistemas similares ao cubano. Tampouco se bloquea a Exipto ou Arabia Saudí, verdadeiras satrapías sen dereitos humanos. Unha superficial investigación das relacións con China dos empresarios cubano americanos, daría como resultado que Miami adora o comunismo. O seu país de adopción é considerablemente dependente do Partido Comunista de China. Seguir lendo Un texto de René Vázquez Díaz